La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Gracias por tanto doctor
Antes, foron os traballos arqueolóxicos da necrópole de San Vitor; axiña veu a vella fábrica da luz, transformándoa nun restaurante e albergue, mentres se construía unha pasarela de madeira de varios kilómetros á beira do canón do Mao. Agora, tocoulle á fábrica de chocolate de Teimende: chocolates exquisitos que recomendaba como menciña don Guillerme, o médico titular de Parada de Sil. Francisco Casares figura como tallista e mais escultor no censo de Ensenada de 1756. E disque partira de Cantabria cara Parada de Sil co encargo de tallar o retablo barroco do mosteiro de Santa Cristina, tomando casa e lareira en Fondodevila. Casimiro Casares, neto do escultor, foi concelleiro.
A fábrica parece que xurdiu nos finais do século XIX. Os promotores foron dous irmáns: Pedro (1865) e mais Antonio Casares, netos de Casimiro, o concelleiro. Logo, pasou a un herdeiro, Arturo, continuando a empresa familiar con Ricardo (1922), o fillo maior que se fixo cargo do negocio, sendo aínda un rapaz, por estar o seu pai afectado por unha doenza invalidante, sacando adiante non só á fabrica, senón ós pais e tamén ós irmáns pequenos, podendo afirmar que foi o pai dos seus pais. Xa casado con Lola Prieto, agora viúva, polos anos cincuenta e pico, renovou as instalacións, dotándoas coa maquinaria que requirían os tempos, contando xa coa electricidade da nova fábrica de luz do Mao: unha das primeiras da provincia. As fillas de Arturo e de Lola, Loli e mais Rosa, deixaron o fogar para estudar fóra, porén nas vacacións axudaban nas tarefas da elaboración do chocolate, gardando daquela etapa unhas doces lembranzas. Logo, veu a competencia das multinacionais coa incorporación de sucedáneos do cacao, elaborando un chocolate máis ruín, pero máis barato: entón, nin a maquinaria da fábrica era a idónea para traballar cos sucedáneos da manteiga de cacao, nin Ricardo, o Chocolateiro de Teimende, era capaz de ofrecer ós seus clientes gato por lebre, así que a fábrica de chocolate, de esmerada elaboración con cacao puro parou nos finais dos oitenta, coincidindo o seu peche coa xubilación da persoa que máis traballara por ela.
A familia Casares está moi ilusionada coa iniciativa da Alcaldía de Parada de Sil de transformar a súa vella fábrica na 'Casa do Chocolate', aportando un grao de area á posta en valor do patrimonio do concello, ademáis de honrar a memoria dos devanceiros que tan duro traballaron para saíren adiante coa industria artesanal do chocolate.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Gracias por tanto doctor
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
El imperialismo contra el derecho
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La amistad en la política
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Alégrese el cole, goce la tierra
Lo último