Honra a un gran mestre

Publicado: 22 abr 2026 - 02:10
Cartas al director en La Región.
Cartas al director en La Región. | La Región

No ano de Otero Pedrayo vennos á mente o mestre Manuel de Dios, quen na nosa provincia, e en particular na capital, tivemos o luxo de disfrutar deste poeta, compositor musical, arreglista e recuperador de cancións populares, que quizais estea un pouco esquecido, sobor de todo polas novas xeracións, pero que se merece un recoñecemento á súa traxetoria, tanto coma profesor do Instituto Otero Pedrayo, coma cantor de Ourense, dirixindo á Coral De Ruada, a Vellos Amigos, paseando o nome de Ourense por todo o país e fóra del, lembrándose, como non, de don Ramón Otero Pedrayo, no “Alalá de Trasalba”:

“En Trasalba haivos un Pazo /e no Pazo un cabaleiro /e tamén un merlo branco /que asubía nun loureiro”.

Do mesmo xeito que se lembrou da Ponte de Ourense, da Catedral, do río Miño, das Burgas, da Virxe do Portovello, de Gustei, de Coles, de Amoeiro, do Ribeiro, de Maceda, de Allariz, do Val da Rabeda, Taboadela, Vilar de Astrés, A Lonia, Oira, etc.

Don Manuel de Dios Martínez foi un ourensán, que amou e cantou a súa terra coma poucos

A súa riqueza musical levouno a arreglar cantigas en bable, euskera ou catalán, así coma en portugués ou latín, habaneras e folklore sudamericano, e levando o noso repertorio máis aló das nosas fronteiras.

Tampouco faltou unha misa completa en galego.

O seu amor á provincia, e á música coral, fixo disfrutar a varias xeracións deixando un legado de poemas e partituras, que non deberían caer no esquecemento coma está a pasar co Himno de Ourense.

Estamos convencidos que debería ter, a lo menos, un busto entre os dous escenarios da súa preferencia: a Catedral e Sta. María Nai, e dicir na Praza da Madalena.

Ainda que unha escondida praza leva o seu nome, cremos que se merece ese busto que lle lembre ós ourensáns que esistíu un mestre das letras, da poesía, da música e da amizade, ó mesmo tempo que poda entonar “Ourense no solpor” .

Don Manuel de Dios Martínez foi un ourensán, que amou e cantou a súa terra coma poucos.

Honor ao mestre Manolo de Dios.

Francisco Domínguez Martínez

(Ourense)

Contenido patrocinado

stats