LOTERÍA DE NAVIDAD
El Gordo, el 79432

Lembrando dende as sombras de “A Derrasa”

Publicado: 04 jun 2021 - 00:06

Calquera que recorra a fermosa terra do Pereiro de Aguiar, como fixen eu, en múltiples ocasións, na miña estadía na parroquia de San Miguel de Calvelle, fai xa moitos anos, experimentará unha sensación acertadamente grata. Xa no principio do entorno de A Derrasa, me pareceu fermoso, frondoso daquela, con abundantes augas do Loña e Pendos, no Campo dos Gozos, xirando entre os montes da chaira da A Medorra e o Miño, que orientan as terras de Sabadelle, Prexigueirós e Tibiás, como unha invitación a permanecer e botar raíces e quedar alí. Para sempre.

¡Como non me vou a lembrar daquelas xentes tan hospitalarias! E non son poucas a que teñen alí o seu cuartel xeral, porque a vida, e apracible, lonxe do mundanal ruído e da voraz sociedade moderna apiñada nas grandes urbes.

Durante moitos anos dediqueime a investigar a chegada dos romanos as terras dos Gozos, na ampla chaira de A Derrasa, habitada por xeres procedentes dun planeta próximo a estrela Celaeno. Tamén, me lembro dos recipientes de arxila da Loña, e outros elementos que dicían, procedia da Lúa, aproveitando as liñas ortoténicas, ou forzas luminosas do Alto do Rocío abordo dunha nube.

Na Biblioteca provincial, pensaba nos moitos séculos, dos cales se instalaran os romanos no que hoxe se chama “Os Gozos”. Daquela cidade termal e hoxe coñecida Ourense. E entre as rutas do ouro e a cidade ourensá, se creara unha ruta de caravanas, camiño da Ribeira Sacra no Sil, preñada de ouro, que chegara a Roma, porque a medida que os romanos ían coñecendo mellor os nativos, o odio ía en aumento contra eles, por débiles e brandos coas pedras e frechas.

¡Algo debera pasar para trocar ouro polas exquisitas veduras, xoias e ferramenta para os ourives!

Non houbo libro que non consultara e que non discutira co amigo de toda a vida, José María Losada Durán (e. p. d.) dende o Hotel Universal de Vigo, ata o Hotel Roma; e de como brillaba o sol e a lúa, entre aqueles prados verdes e grandes sombras do Alto do Rodicio e o Miño, que nodosos acendían a penumbra.

Lémbrome tamén do amigo Xosé Posada (e. p. d.), cos parladoiros o carón das castañas convertidas en Marrón Glacé. Seguramente onde queira que estea, me terá preparado un xantar con viño albariño ¡da terra! Por si acaso,para cando chegue eu. ¡Así será!

Non me esquecerei nunca, mentres viva da familia Margarita e Julio, do rueiro de Quintela, e das cereixas que tan gustosamente merendábamos.

Agora xa estou lonxe daqueles remanso de paz, onde cantaban os paxaros en harmonía co susurro das augas; daquel patrimonio artístico relixioso de entrañable lembranza. E o meu agradecemento a La Región, que tan ben se portou comigo. Para todos, as miñas cariñosas lembranzas. ¡Ata sempre meus amigos!

Contenido patrocinado

stats