La Región
Nuestros municipios
“Do mar pola orela/ mireina pasar,/na frente unha estrela,/ no bico un cantar./ E vina tan sola/na noite sin fin,/ ¡que inda recei pola probe da tola/ eu, que non teño quen rece por mín! A musa dos pobos/ que vin pasar eu,/ comesta dos lobos,/ comesta se veu…/ Os osos son dela/ que vades gardar./ ¡Ai, dos que levan na frente unha estela!/ ¡Ai, dos que levan no bico un cantar!” (Curros Enriquez, “A Rosalia”, poema publicado no Volume III das Obras Completas, 1910).
Estes versos pertencen ao que podemos calificar como un poema da ialma, intimismo que reflexa a angustia, o desacougo, causado pola soidade. Pecha un sentimento cara a maior musa da literatura galega. Teño a ben reproducilos co gallo da conmemoración do nascemento da escritora no 24 de febreiro do 1837. Un poema co que pechei unha conferencia, a primeira e derradeira, por certo. Atopábame en Ourense para asistir ao casamento dunha irmá, cando un alumno de “Estudios Galicia” buscoume para invitarme á celebración, no que cada ano se lle homenaxeaba a Don Albino Núñez. Fíxome saber que o grande mestre tiña ilusión en verme, así coma escoitar o que eu había aprendido cando fora alumno seu. Escollín a vida e obra de Rosalía de Castro. Nervosa perorata que terminei co poema de Curros Enríquez adicado a Rosalía por mor da morte da escritura. Foi un xesto de agradecemento, dos moitos debedados, a Don Albino, que anos antes me regalara un libro coas obras completas de Curros Enríquez. Tiven que repetir aquela conferencia en Madrid, para xustificar a miña demora en voltar a clase en Madrid.
Outro lostrego rosaliano tivo lugar cando cheguei de volta ao fogar familiar, logo de nove anos penando a miña sombra por terras mexicanas. Meu pai entregoume unha casete no que eu tiña gravada a miña despedida cun poema de Rosalía de Castro: “Adiós ríos, adiós fontes”. Ao escoitala non pude reprimir as bágoas. Aquelas verbas espertaban aquel sono meu de acadar o Parnaso da man das musas líricas. Non foi o caso, mais redimeume Rosalía de Castro: “Non importa que os sonos sexan mentiras, xa que ao final é certo que quen morre soñando ten sorte, e quen vive sen soñar é infeliz”.
Rendirlle homenaxe, alomenos cada ano, a esta musa, que fixo rexurdir a nosa lingoa, a nosa maneira de ser e estar é unha obriga que temos con ela. Mais a mellor homenaxe de rendirlle é leer a súa obra. Fagámolo sempre.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
COLABORACIÓN CIUDADANA
Desaparece un menor de 13 años vulnerable en Ourense
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago