O sorriso de Alcaraz

Publicado: 21 ago 2024 - 22:58

Para os entendidos do mundo do tenis, Alcaraz é, e será aínda máis, un enorme referente na historia deste deporte. Número 1 no ranking mundial (setembro do 22) con 19 anos, actualmente no número 3, pero con moitas posibilidades de volver a encabezar ese ranking.

Alcaraz posúe unhas calidades extraordinarias para a práctica dese deporte así como unha enorme capacidade de auto esixencia. É unha persoa que desborda proximidade, empatía, sinxeleza, alegría. Todo elo, en conxunto, é a consecuencia e a causa do seu éxito. Pero distintos tropezóns nos derradeiros meses, con resultados adversos, están a restar ese aire de frescura e alegría xovial que irradiaba.

Polo seu ben en particular, e polo ben de deporte en xeral, necesitamos que Alcaraz volva a esa primeira etapa de alegría. Necesitamos ídolos de carne e oso que gañen ou perdan non perden o sorriso. Necesitamos moitos alcaraces. E non só no mundo do deporte.

Contenido patrocinado

stats