Carta de Nadal a toda esa xente que non pode disfrutar

Publicado: 23 dic 2024 - 21:10

Estamos en Nadal, con todo o que iso significa. Mais non todos a viven da maneira que todos entendemos se debería de vivir. Posto que hai xente á que lle custa participar. Á que se lle fai difícil aceptar toda esa euforia de optimismo e alegría.

Hai xente así ao teu arredor. E tamén ao meu. Hai xente que non desexa que cheguen estas datas. Hai xente que non as desfruta. Hai xente que as sufre. Hai xente á que non lle gusta que lle digan e desexen boas festas. Hai xente que ten ausencias. De todo tipo. Xente que, polo que sexa, intenta que esta celebración pase canto antes. E si. Hai moita xente así. Hai moitos e moitas nesa situación.

Agora ben, semella que no existen. Que molestan cando os vemos co xesto forzado. Fuxidíos e intentando pasar desapercibidos. Pero si, existen. E están entre nós. Pois para vós… Toda a nosa comprensión e cariño!

Contenido patrocinado

stats