La Región
CARTAS AL DIRECTOR
El colegio que tú sueñas
n n n Agora que se achega o Nadal e o espírito navideño inunda o ambiente de ilusión, esperanza, solidariedade e sentimentos positivos, agardamos que tan sinaladas datas contaxien de xenerosidade ó núcleo económico do Sergas, e por arte de maxia ou de birlebirloque, desaparezan as contencións económicas do Servizo de Medicina Interna.
O colectivo desta unidade, que diariamente desenvolvemos a nosa labor con entrega e absoluta dedicación, mantemos o firme propósito de garantir a máxima calidade asitencial, pero o noso afán non é abondo cando de cotío se atopa coa sombra da austeridade.
Os nosos maiores, en tan longa vida, non só gozan de experiencia, tamén sofren dependencia, rebosan sabiduría e pluripatoloxía, idade e soidade… pero curiosamente, con tan ampla bagaxe, adoecen de escasos “criterios de complexidade”, e por tanto, non son obxecto dun reparto xusto e equitativo de persoal de enfermería para atendelos dignamente e con garantías de calidade.
A lonxevidade, que deriva en múltiples limitacións funcionáis, o seu elevado grao de dependencia, que require a necesaria e permanente atención de persoal cualificado, e a falta de seguridade na asistencia por mor das présas, son para o sistema “subxectividades” que para nós valen moito, pero non contan nada porque custan demasiado…
Estimado paciente de Interna, a pesar de tódalas dificultades que nos impiden brindarlle unha atención e coidados dignos, non tema cando precise a asistencia dunha enfermeira se sinte malestar ou dor, polo de agora, ésta non cuestionará a súa queixa nin o someterá a escalas e probas obxectivas que xustifiquen a inversión dun analxésico en aliviar a súa doenza. Aínda que saiba vostede que a dor non é máis que unha percepción subxectiva.
Que a maxia do Nadal cumpra tódolos nosos desexos…
E xa que non derrochamos en saúde, fagámolo en humor!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
El colegio que tú sueñas
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Japón despierta
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Ingratitud palmaria
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Un mércores nas urxencias do CHUO