La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La escalera del avión
Ti preguntas e eu respondo o que sei ou o que me parece, máis a miña resposta téñoa que dosificar por entregas, se non quero recibir unha reprimenda dos que mandan en La Región.
Neste primeira achegada quéroche aclara-lo nome de Mouca.
Mouca, como ti ben sabes, significa xorda. Recorda o dito: a palabras loucas, orellas moucas. No lugar de Mouca lembro, de cando neno, que había tres veciños. Tempos atrás, poida ser de morar só un nunha choza que habería por alí, que sería o primeiro habitante do lugar. Nesta familia pobre vivía A Mouca, unha nena parva, coitadiña ela. Xa sabes que os galegos somos moi dados ós alcumes. A xente cambiou o nome do lugar polo alcume desta muller (unha metonimia) que estaba máis xorda que un pene do. Isto é bastante frecuente na orixe das toponimias. Recordarás a Virxinia do Val, que recoñecía a tódolos veciños polos nosos andares. Nunca escachou a ola, cando viña da fonte con ela na cabeza, paseniño, lendo o camiño cos pés. Tamén era coñecida simplemente como A Cega. Neste caso non se obrou o cambio do nome, porque o Val onde vivía estaba moi afianzado. Tal caso non se daba co lugar de Mouca, que esperaba ser bautizado.
A explicación destes cambios semánticos ven dada pola economía da lingua. No falar diario tendemos a empregar só as palabras imprescindibles para que nos entendan. Aí vai un exemplo de cómo se pode ir podando a fala (os rapaces son moi hábiles comprimindo os textos das mensaxes que envían cos móbiles): esta mañá había dous lobos no lugar onde mora a muller mouca: lobos preto da casa da Mouca: lobos en Mouca.
Agora alí vive o Luis de Mouca. Cando vou por alí nas miñas vacacións gústame ouvir como falan os meus veciños, escoitando moitas veces a expresión Mouca para referirse a Luis. Testemuños que veñen confirmar, unha vez máis, como se van conformando os topónimos.
Espero que a explicación for do teu agrado. Na próxima entrega, falaremos da Casa da Culpa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La escalera del avión
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Problemas de agua
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La Ley del "taper"
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Día Mundial del Portero de Fútbol
Lo último