La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Diálogo Marxismo-Religión
Imaxino a Castelao observando asombrado dende o Panteón a esperpéntica sombra que algúns intentan debuxar da súa figura. Un dos nosos galegos máis ilustres, defensor da República, loitador incansable contra o caciquismo e as vellas concepcións reaccionarias, admirador e potenciador da nosa lingua, convertido en produto comercial por aqueles que só se lembran do galego para facer pomposos e hipócritas discursos. De seguirmos desdebuxando así a súa figura, máis pronto que tarde a "marca Castelao" acabará nos carteis de publicidade dalgún Banco, ou de produtos "made in Taiwan".
Despois están os que de verdade din o que pensan, como Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe, que non dubida en cualificalo no seu blog coma "xenófobo". A verdade é que a opinión daqueles que coma ela, aínda consideran que o galego só sirve para falar coas vacas, pois non me interesa demasiado, porque as vacas, ao igual que a nosa lingua e a figura de Castelao, na nosa terra para moitos de nós son case "sagradas". Remove as entrañas que na entrega das medallas de Castelao o presidente da Xunta reflexione acerca do que el considera "desafortunada República", e que conclúa que a época máis escura e tenebrosa da nosa historia recente foi causa dos "caprichos da historia". Como se a represión franquista que levou a moitos a ter que abandonar a súa terra non fora polo golpe militar do 36, senón responsabilidade dos deputados aos se lle esqueceu colocar unha restra de allos na porta do Congreso.
Cando se cumpren 30 anos daquelas desgarradoras imaxes, que mesturan emoción e tensión, nas que os galegos e galegas recibían os seus restos, é máis necesario que nunca poñer en valor o legado de Castelao, e salvagardalo daqueles que non o entenden, ou pretenden "moldear" a súa figura ao seu antollo, daqueles que Pondal cualificaba coma "salvaxes, duros e escuros".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Diálogo Marxismo-Religión
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Tradición en tiempos modernos
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Vilanova dos Infantes, ese circo
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Educación climática
Lo último
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva
AGRESIÓN SEXUAL EN OURENSE
Ratificados los 13 años por violar y “cosificar” a su expareja en Ourense: "Te voy a follar cuando quiera"
UNIVERSIDAD
Higinio González, nuevo presidente del Ifcae