La Región
Se veía venir
Coma se non chegasen as leas entre os dous socios do actual Goberno por mor das constantes manifestacións dalgúns ministros e ministras da formación violeta, que segue ao seu, coma se estivese na oposición. E aí están Rufián e outros socios da coalición de investidura que din que así non, o de sempre. E coidado: prohiben mesmo pactar con partidos que non formasen parte de bloque da investidura; non sei se rir ou chorar. Agora, por mor do conflito entre Ucraína e Rusia. De verdade, non se dan conta de que España forma parte da OTAN, a pesar que nas eleccións prometera sacarnos da mesma o sr Felipe González?
Lembran aquilo de “OTAN, de entrada non”? Ao final foi todo o contrario e aí quedamos cunhas condicións que non se cumpriron. Eran tres, e unha delas a de non incorporación á estrutura militar, pero aí estamos; o de non almacenar armas nucleares e o de sacar as bases dos ianquis... sen comentarios. Así era España naquel entón... era? Non, aínda seguimos aí metidos. Non hai máis que lembrar ao sr. Aznar e a foto do trío dos Azores, unha vergoña. Se Felipe González enganounos, Aznar fixo o mesmo e con fartura.
Fomos cómplices dunha invasión a Iraq por unhas supostas armas de destrución masiva que de antemán xa sabían que non existían. Miles de persoas, entre elas moitos nenos, perderon a vida nesa guerra que nunca tivo que existir. Por certo, George Bush e Toni Blair pediron perdón por aquela invasión e o sr. Aznar non o fixo. Aínda segue pensando que en Iraq hai armas de destrución masiva... En resumo, aquí non hai quen viva!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
2019, SU PRIMERA GRANDE
Pogacar vuelve a La Vuelta siete años después y busca conquistar el maillot rojo
CUATRO MUNICIPIOS EN RIESGO
Alerta por riesgo de nube tóxica tras el incendio en una planta de residuos en Zamora