La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Rosa y el susurro de las mañanas
CARTA AL DIRECTOR
Amigos e amigas:
O día 16 de setembro informábavos de que Salesianos tivera un feliz despegue de curso. Ó comezo do mesmo, reanudou tamén o seu Proxecto Ambiental “NaturezAula”. Co que quere ser protagonista da súa historia, sentindo, aprendendo e actuando; acollendo, vivindo e agasallando.
Do 25 de agosto ó 8 de setembro, un grupo de 28 estudantes de 1º a 3º da ESO, cunha mestra e unha monitora, participou nun programa en Dublín, que combinou aprendizaxe de inglés con visitas á natureza, á historia e á cultura irlandesas. Durante dúas semanas, os alumnos e alumnas gozaron dunha experiencia única dentro dun programa de inmersión lingüística. Ademais de mellorar o seu inglés, convivindo con familias e asistindo a clases, tiveron ocasión de descubrir a riqueza natural e cultural da chamada “Illa Esmeralda”. A semana completárona coa visita ós xardíns de Malahide, de máis de 9 hectáreas, que reúnen prantas ornamentais de todo o mundo, invernadoiros e un espazo de educación ambiental moi valorado en Irlanda.
O 13 de outubro, alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º de ESO, acompañado por tres educadores e o xeólogo Eduardo José González Clavijo, coordinador dos xeólogos no ámbito estatal, participou nun itinerario polo Concello de Sober. Pretendían achegarse a centros de interese deste concello, que permite aprender do rico patrimonio da zona. O itinerario artellábase arredor de catro paradas de interpretación, relacionadas con aspectos do medio (etnografía, patrimonio, natureza, historia…).
Moi orixinal foi a mostra educativa da contacontos Teresa Grau López, consistente nunha inmersión sensorial no bosque de ribeira do río Xábrega. Durante a xornada, Eduardo compartiu breves charlas sobre a xeoloxía da contorna. Na parroquia de Santo Estevo de Anllo. chamou a atención unha interesante disertación sobre a historia e a etnografía do lugar. Tiveron tamén a oportunidade de ver as consecuencias do lume sobre a paisaxe.
Logo de xantar, o transporte levounos ata San Xillao de Lobios, onde lles comentaron a igrexa, que formou parte dun antigo mosteiro de monxas benedictinas. Para rematar a actividade, o autocar achegounos ao miradoiro de Santiorxo, onde lles fixeron un recordatorio de moitos dos datos xeolóxicos comentados durante toda a xornada, nun enclave espectacular.
Amigos e amigas, tamén os días 20 e 21 de outubro, un grupo de 1º de Bacharelato estivo en Allariz convivindo, aprendendo e agasallando, porque queren ser protagonistas da súa historia. Salesianos segue a acoller e agasallar historias, porque quere ser protagonista da Historia.
Adolfo Requejo Rodríguez
(Ourense)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
OPOSITOR CUBANO
Ferrer sostiene que España es “cómplice” del castrismo
José Luis Gómez
CUENTA DE RESULTADOS
Zapatero, un mal gestor de la economía
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCRÍBLES
Viva la Guardia Civil