La Región
San Martiño e os migrantes e mendigos
Amigos e amigas:
Estes días Ourense sabe a magostos e a San Martiño, que nos aprenden a conxugar os verbos migrar e mendigar. Hai poucos días, o xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 vén de premiar, entre outros, o Festival EmigraSON, nado en Bruxelas en 2023 por iniciativa de mozos e mozas galegos emigrados. “Nós facemos o Festival por amor á arte, non gañamos un euro pero ponnos contentos o premio”, sinalou o vigués Karan Novo, tras enterarse de que a Xunta de Galicia lles otorgara o Premio da Cultura Galega 2026 na Especialidade Proxección Exterior. A pegada do migrante Martiño (Hungría, 316 – Francia, 397) lémbranos que o mundo é un escenario de migrantes e nós somos os actores.
Os ourensáns estamos orgullosos de coñecer, dende nenos, a san Martiño, quen, sen gañar un euro, entregou a metade da súa capa ó mendigo. E queremos estar á altura do noso patrono. Os ourensáns estamos contentos porque entre as 100 mulleres máis influíntes de España están as tres ourensás Elena Salgado, Elena Ochoa e Adriana Domínguez, emigrantes de Ourense, que brillan na súa profesión, como brillou Martiño na súa vocación. Cada ourensán brilla na súa devoción a san Martiño de Tours e exclama: san Martiño, roga por nós, que queremos manter o teu lume da migración e da atención ó mendigo aceso entre nós.
A nosa catedral, a igrexa María Auxiliadora e outros espazos da capital, atenden cada día durante horas a quen sofre soidade por migración, por mendicidade ou por calquera outra causa. Nestes lugares hai durante horas persoas dispostas a escoitar, informar, orientar e axudar, como escoitaba, orientaba e axudaba san Martiño. Estes lugares prentenden ser outro proxecto “Educar Educarei” de acompañamento, outra asociación Bicos de Papel, para quen padece cancro de migración ou soidade. Nestes espazos nunca vacilan, como Martiño, en tender a man; nunca titubean en acepta-la man tendida.
Amigas e amigos, o latexo da nosa catedral convértese en ecos de pedra o día 11 de novembro. Nela escóitanse sons que transcenden os seus muros, que converten este espazo nun universo sonoro único, onde o protagonista é san Martiño. En Ourense non hai magosto sen san Martiño, porque de san Martiño somos nós e os veciños de San Martiño de Foz, onde atopamos a primeira catedral de Galicia, que acolleu a migrantes e a mendigos.
Adolfo Requejo Rodríguez (Ourense)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
San Martiño e os migrantes e mendigos
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La huelga general ¿causa o consecuencia?
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Nuestros cuerpos, su negocio
La Región
La oferta que se acaba esta noche
Lo último
ACTIVIDADES DE OUTONO
O magosto e a micoloxía animan a fin de semana en Parada de Sil
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Miel
COOPERACIÓN CULTURAL
Proyectos culturales del rural se dan a conocer en Ribadavia