La Región
Se veía venir
O ter que elixir entre a economía ou a saúde é unha decisión que tiveron que tomar moitos gobernos.
No caso de España, tocoulle tomar as decisións a Pedro Sánchez, pero púidolle tocar a outro e pasaría o mesmo. O máis lóxico é que nestes intres a oposición non tería nin que existir, tódolos partidos que teñen respresentación no Parlamento terían que unirse polo ben do pobo e ser menos egoístas, e refírome a todos dende o PP e Cidadáns, ata os partidos que din ser independentistas; mesmo aos actuais socios que ten Sánchez, si, Unidas Podemos, xa que ultimamente o señor Pablo Iglesias parece estar un tanto confuso. Seguramente o batacazo que levaron nas pasadas eleccións en Galicia e Euskadi axudáronlle a ver que moi pronto, e como isto siga así, pode mesmo non chegar a comer o turrón como vicepresidente do Goberno.
Señores/as políticos: por unha vez, non sexan tan egoístas, deixen ao carón os seus egos e diferenzas e pensen en tódolos que vivimos aquí. Moita xente, pero que moita, está a pasar fame, as colas do paro van aumentar e ninguén ten solucións máxicas. Deixen de facer tantas promesas e, por unha vez, céntrense e pensen que o pobo os votou para que o sirvan, non para que vivan á conta do mesmo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas