La Región
CARTAS AL DIRECTOR
El manantial del diálogo
A concatenación frenética de feitos inequívocos é a evidencia da relatividade factual do tempo, que en meses determinados produce unha aceleración vertixinosa. Múltiples análises dende diversas ópticas estruturais están a diseccionar as pulsións subrepticias da condición ontolóxica do ser e das consecuencias antropolóxicas que as súas decisións manifestan no ecosistema.
A dominación omnímoda do capital e do sistema extractivo que o sustenta está a corroer o basamento orgánico das sociedades racionais. A fase perfeccionada do capitalismo financeiro reflíctese na ambición espurias de poder e na anuencia servil de quen non pode expresar a súa voz entre a algarabía de falacias e aporías.
Os fenómenos disruptivos presentes e as respostas trémulas ante as ofensivas iracundas de megalomanía cristalizan nun novo reordenamento mundial, onde os supostos heraldos dos valores democráticos que antano alicerzaron os principios rectores dos dereitos e liberdades son hogano criaturas indefensas na selva dos taumaturgos.
Xián Antón Lorenzo Rodríguez
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
El manantial del diálogo
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Cinegética y pesca
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Europa en el andén
La Región
Grandes mujeres
Lo último
Fernando Lusson
La justicia tiene un problmea
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 7 de julio