La Región
La placa caribeña
Coa chegada do verán e da tremendísima sentenza sobre o caso mascarillas entramos nunha etapa de profunda incerteza política. A ruptura progresiva entre os socios parlamentarios do Goberno, a perda de confianza entre os partidos que sustentaron a investidura e a incapacidade para garantir estabilidade lexislativa debuxan un escenario cada vez máis evidente. A posibilidade dun adianto electoral xa non pertence ao terreo da especulación, senón ao da lóxica política.
Apuntaba recentemente un analista no marco das eleccións andaluzas nas redes sociais que o Goberno estaba a vender fume en forma de récord de emprego, pero había unha realidade moi incómoda detrás da propaganda: o emprego público medra moito máis axiña que o privado namentras a productividade segue estancada.
Vai xa para medio ano que Junts decidiu romper relacións co Goberno ante un suposto incumprimento por parte do Executivo do pacto do 2023, e este xa non conta para algunhas cousas co apoio do PNV nin co de Coalición Canaria. Soamente lle resta o dos partidos de extrema esquerda de sempre, con diferentes nomenclaturas, e dos nacionalista comunistas que desgrazadamente teñen máis do segundo que do primeiro. Namentras o señor Feijóo, que nin está nin se lle espera, vai collendo folgos nos diferentes comicios autonómicos e Vox critica a política económica do Executivo pero non aporta solucións nin en Europa onde confunde Estados Medievais con Nacións e pluralismo, nin en Madrid, nin tan siquer nas diferentes Comunidades Autónomas.
Mais o problema non é únicamente parlamentario. O verdadeiro desgaste prodúcese na rúa, onde moitos cidadáns perciben que a política estatal vive máis preocupada pola supervivencia dos bloques ideolóxicos ca polos problemas reais da sociedade.
E xa como colofón a UE no canto de ser unha comunidade política de entidades voluntarias e soberanas, encamíñase a convertirse nunha agrupación de entidades administrativas carentes incluso de plena autonomía interna, cunha Comisión Europea cada vez máis personalista e con maior acumulación de poder.
Nesta España plurinacional gobernada polas grandes corporacións e polos grandes bancos celebramos expectantes a chegada do Sumo Pontífice. Os da dereita contentos por obligación e os da esquerda doblemente: dunha banda pola exitosa organización e oportunidade, e doutra pola postura do Bispo de Roma sobor da guerra, da emigración e o seu compromiso coas vítimas de abusos dentro da Igrexa.
Coalición Galega, un partido humanista e con ideoloxía galeguista centrada no fortalecemento da identidade, cultura e autogoberno galegos (o que nos deu sentido de pertenza e diferenciación fronte a outras forzas españolas ao longo de tantos anos) quere para Galicia un grado sustancial de autogoberno coa irrenunciable competencia da plena potestade tributaria orixinaria e exclusiva sobre todos os feitos impoñibles que se xeren no noso País.
Desde Coalición Galega queremos enviar a mensaxe clara de que definir o futuro de Galicia dende a multilateralidade do Consello de Política Fiscal e Financiera é aceptar voluntariamente a nosa devaluación política. Como apuntaba recentemente o xurista Pérez Lema unha facenda propia, que recade a totalidade dos impostos directos e indirectos xerados no noso tecido produtivo, e que liquide unha cota anual ao Estado polos servizos estritamente non transferidos, outorgaríanos a chave da soberanía financeira e sería unha importante ferramenta na mellora do benestar de Galicia.
Xosé María Artiaga (Presidente de CG)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
La diplomacia del fútbol
ABANDONO E INSALUBRIDAD
Viana se pone en pie frente a las administraciones tras la riada que arrasó aldeas de la comarca