SENTENCIA POR MALTRATO PSICOLÓGICO
Dos años de cárcel crear una “atmósfera irrespirable” en su hogar celanovés por las vejaciones a su esposa
FESTAS VIRXE DA ENCARNACIÓN
Celanova viviu este sábado unha das citas máis emblemáticas das súas festas en honor á Virxe da Encarnación coa celebración da tradicional Ramallosa, a procesión nocturna e pagana que cada ano reúne a centos de persoas polas rúas da vila. A xornada comezou pola mañá co pasacalles da banda de gaitas do Concello de Celanova e continuou ao mediodía na Praza do Millo coa actuación da banda de gaitas Lembranza Solpor. Xa pola tarde, a animación musical de BCB - Bandiños Band foi quentando o ambiente antes do momento central das celebracións.
Ás 23,00 horas daba comezo a Ramallosa, coa vila practicamente ás escuras e iluminada tan só polos centos de faroliños artesanais que portaban os participantes. A procesión percorreu as rúas de Celanova acompañada polas agrupacións Os Roquiños, Gárgolas, Zapateiros do Son e Street Band, nunha noite de tradición, música e cor na que veciños e visitantes volveron converter esta celebración nun dos momentos máis singulares do calendario festivo local. A primeira noite das festas prolongouse ata a madrugada coa actuación das charangas BCB, A Felga e Bandiños Band.
A programación continuará hoxe domingo coa xornada en honra á Virxe da Encarnación, que incluirá a procesión e misa ao mediodía, e á tarde entrega dos premios da Ramallosa e música.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SENTENCIA POR MALTRATO PSICOLÓGICO
Dos años de cárcel crear una “atmósfera irrespirable” en su hogar celanovés por las vejaciones a su esposa
TEATRO Y LITERATURA
Celanova invitó a vivir el Camiño de San Rosendo