CASI SESENTA AÑOS
Acevedo do Río y Celanova, la última unificación de concellos en Ourense
FACILITAR O ACCESO
O Partido Popular de Ourense celebra este sábado na Praza de Abastos de Celanova, a partir das 10,30 horas, unha nova xornada informativa sobre vivenda. Na cita porase sobre a mesa a problemática actual da vivenda, unha das principais preocupacións dos galegos. Esta cita, que xa se celebrou nos últimos meses en Ourense, Barbadás, Xinzo de Limia, Verín e O Carballiño, chega agora á vila celanovesa para amosar e dar a coñecer entre a veciñanza as políticas que a Xunta vén despregando co fin de facilitar o acceso á vivenda.
Na xornada, o coordinador da área de Vivenda e Urbanismo do PP de Ourense, Benito Iglesias, porá o foco sobre dous factores clave para fixar poboación, a vivenda e o emprego, e falará da realidade de Celanova. A concelleira ourensá e membro da área de Vivenda e Urbanismo do PP de Ourense, Sonia Ogando, falará sobre a Lei de Vivenda estatal e as reformas posteriores, que non foron capaces de aportar seguridade xurídica aos propietarios. E para rematar, Pilar Fernández, tamén membro da área de Vivenda, detallará as axudas do Goberno galego nesta materia.
Finalmente, o peche do encontro contará coa participación da secretaria da xestora municipal do PP de Celanova, Ana Fernández; o presidente provincial do PP de Ourense, Luis Menor, e a secretaria xeral do PPdG, Paula Prado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CASI SESENTA AÑOS
Acevedo do Río y Celanova, la última unificación de concellos en Ourense
MOSTRA DAS HISTORIAS
Celanova rescata 200 vidas de mulleres vítimas do fascismo
VERANO CULTURAL
Celanova, villa de las mil danzas al calor de Abanea
Lo último
OCUPA UN CLÁSICO LOCAL
El primer buffet libre de sushi de Ourense ultima su apertura con gran "tradición japonesa"