"Á CAZA DO LIXO"
Galería | Os cazadores de Caldelas dispararon contra o lixo
RECINTO DO TOURAL
O Concello do Castro de Caldelas prepárase para volver celebrar as súas habituais feiras de gando, que retomará a súa celebración este 3 de xuño, sendo a primeira en Galicia neste ano, marcado polas restricións, aínda vixentes alomenos ata este 31 de maio, sobre a dermatose nodular. A primeira gran cita terá lugar o luns, día 3 de xuño, no emblemático recinto do Toural da vila, retomando así unha actividade que a administración local considera de vital importancia para as transaccións comerciais e as relacións sociais da bisbarra.
Para facilitar o desenvolvemento do mercado e garantir as medidas de hixiene, o centro de desinfección municipal permanecerá aberto a véspera da feira, o domingo 2 de xuño en horario de 11,00 a 13,00 horas, así como durante toda a mañá do propio luns día 3. Ademais do eido estritamente comercial, a feira contará co seu habitual ambiente festivo e gastronómico. No propio recinto feiral, os gandeiros, tratantes e o público asistente poderán degustar un xantar a base de empanada, churrasco ou carne ao caldeiro, sobremesa, café, chupito, pan e viño por un prezo pechado de 20 euros. O tradicional pulpo tamén estará dispoñible, con custo á parte, tanto na pulpeira do recinto como nos locais hostaleiros da vila.
A alcaldesa, Sara Inés Vega, reivindica a enorme tradición gandeira e agraria da comarca, moi vinculada tamén ao viñedo. O Concello valora moi positivamente a existencia dun bo número de explotacións lideradas por xente nova, o que demostra que o sector primario é “rendible e con futuro”. Neste senso, pide apoio ás diferentes administracións e unha maior simplificación dos trámites burocráticos para facilitar o traballo destas granxas. Segundo subliña, a aposta desta mocidade e a chegada de migrantes á zona está a permitir un crecemento da poboación que xa se reflicte no aumento de nenos matriculados na gardería, no colexio e no instituto.
En canto á procedencia do gando que poderá acudir ao Toural o día 3, está por ver. Aínda que na información inicial o Concello apuntaba á posibilidade de recibir reses tanto de Galicia como de fóra, a asistencia real estará marcada pola normativa sanitaria da Xunta que estea en vigor ese día.
Segundo a Consellería do Medio Rural, as medidas preventivas actuais fronte á dermatose nodular contaxiosa (prorrogadas polo de agora ata o 31 de maio) permiten a celebración de feiras e mercados, pero restrinxen a participación a animais procedentes de explotacións galegas. Polo tanto, a posibilidade de que poida acudir gando doutras comunidades dependerá de se a Xunta decide levantar ou flexibilizar esa restrición.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"Á CAZA DO LIXO"
Galería | Os cazadores de Caldelas dispararon contra o lixo
ENTRE OS CASARES Y VILAMAIOR
Una colisión entre dos coches deja un herido en Castro Caldelas
Lo último
CERCA DE UNA COMISARÍA
Matan a un hombre de un disparo en un tiroteo en Barcelona en plena visita del papa León XIV
300 ARCOS LUMINOSOS
El alumbrado de las luces de Navidad de Ourense ya tiene fecha