INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
CONCILIACIÓN FAMILIAR
Conscientes da problemática que supón para moitas familias os distintos horarios de pais, nais e fillos á hora de comezar a xornada laboral e escolar, dende o Concello buscouse artellar unha alternativa para a conciliación e, ao mesmo tempo, promover o desenvolvemento dun estilo de vida saudable entre a cativada.
Esta iniciativa, á que ano tras ano se suman máis familias, consiste en que os nenos e nenas do CEIP dispoñen dun almorzo tódalas mañás a partir das 8,00 horas, no horario que os pais e nais lles veña mellor deixalos no colexio.
Posteriormente, ás 9,15 horas, teñen un programa de actividades non regradas ata a entrada ás aulas, ás 9,45 horas, o que facilita a conciliación familiar e desenvolve outras habilidades, sempre nos seus mesmos grupos de convivencia.
Ademais disto, os “almorzos saudables” son totalmente gratuítos para tódalas familias que estean empadronadas en Oímbra. Isto permite, por unha banda, aumentar o número de matriculados nun centro do rural coma este, tal e como ocorre neste curso que se acaba de iniciar. Ao tempo, serve para fixar poboación no concello. A demanda é tan alta que desfruta deste servizo en torno ao 70-80% do alumnado.
Esta iniciativa é posible grazas a unha subvención da Deputación de Ourense, e confinanciada polo propio Concello. Para inscribir aos rapaces, basta con descargar á solicitude na web do Concello ou ben acudir á Casa Consistorial.
O almorzo sempre inclúe menús equilibrados e sans, acordes ao gasto enerxético que os alumnos precisan nun día escolar, con zumes, froita, leite, cacao, pan, aceite e galletas, entre outros produtos adecuados para o seu desenvolvemento.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
INTERNACIONALIZACIÓN
La experta vitivinícola Beth Willard descubre bodegas de la D.O. Monterrei
RECORRIDO POR BODEGAS
Expertos vitivinícolas europeos descubren el territorio de la D.O. Monterrei
VISITA AO XACEMENTO
Os últimos achados do Castelo de Lobarzán, ao descuberto
EVENTO VITIVINÍCOLA
La D.O. Monterrei muestra sus vinos y teje sinergias en Tenerife