ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
O Campus Auga convoca bolsas para a realización de prácticas para o alumnado das titulacións deste proxecto de especialización do campus de Ourense acreditado e financiado pola Xunta de Galicia. O obxectivo desta nova iniciativa é potenciar a empregabilidade deste estudantado. A contía das bolsas será como máximo de 600 euros mensuais por persoas e financiarán a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares, cunha duración de entre dous e tres meses -que se poderá desenvolver entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2025-.
No caso de estudantado que finaliza estudos deberá rematar as prácticas antes da presentación da solicitude de título e en todo caso antes do 31 de agosto de 2025. A dedicación será de 25 horas semanais das que, cando sexa necesario, poderán desenvolverse con carácter non presencial un máximo do 30% da dedicación semanal. O importe orzamentario máximo desta iniciativa é de 14.000 euros.
O alumnado solicitante deberá estar matriculado no curso 2024/2025 en Nutrición; Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental; Sistemas Aéreos non Tripulados e Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde. Os graos son os de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos; Enxeñería Agraria; Ciencias Ambientais; Enxeñería Aeroespacial; Administración e Dirección de Empresas; Turismo; Intelixencia Artificial; Dereito e os programas conxuntos dos graos de Administración e Dirección de Empresas-Dereito; Turismo-Xeografía e Historia e Administración e Dirección de Empresas-Enxeñaría Informática. No caso dos estudos de grao o estudantando ten que ter superados o 50% dos créditos no curso 2023/2024.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ASAMBLEA EMPRESARIOS DEL POLÍGONO
Los empresarios del Polígono exigen la terminal ferroviaria
152 DESALOJOS EN 2025
Los desahucios en Ourense, en máximos desde la pandemia: uno cada dos días y medio
Lo último
Sara Arias Fraiz
DIARIO LEGAL
Podo viaxar ao estranxeiro estando de baixa médica?
ELECCIÓNS MUNICIPAIS
Dous de cada tres candidatos a alcalde repiten nas cidades galegas en 2027