A Deputación eloxiou as Xornadas de Folclore

Publicado: 11 ago 2023 - 05:26 Actualizado: 11 ago 2023 - 07:40

Luis Menor y Julio Fernández con los participantes en las Xornadas.
Luis Menor y Julio Fernández con los participantes en las Xornadas.

Os integrantes dos grupos que están a participar na 38 edición das Xornadas de Folclore, procedentes de Sudáfrica, Arxentina, Bolivia, Ecuador, Tahití e Ucraína, protagonizaron a recepción oficial no salón de plenos da Deputación de Ourense, que estivo dirixida polo presidente provincial, Luis Menor. O acto incluiu unha breve presentación de cada grupo e un intercambio de agasallos representativos entre os grupos e a institución provincial, que lles entregou unha réplica das Burgas como símbolo do termalismo ourensán, tal e como lles explicou Luis Menor, que quixo ter un recordo especial para George Olifant. Pola noite, as Xornadas trasladáronse a Carballiño e Manzaneda.

Contenido patrocinado

stats