O PSOE galego critica que o PP pida a baixada do IVE do peixe
A voceira de pesca do Grupo Parlamentario Socialista Patricia Otero critica que “os gobernos do Partido Popular foron os que subiron o IVE de moitos bens básicos, negándose a baixar sempre o do peixe e lembra que o candidato socialista Jose Ramón Gómez Besteiro propuxo a creación dun organismo semellante ao Fondo de Regulación e Organización do Mercado para o consumo de peixe e aumentar o seu valor, medida que foi eliminada co goberno de Rajoy no 2012”.
Así o explica logo das declaracións do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, a La Región nas que sinalaba que “baixar o IVE do peixe dobraría o consumo e xeraría máis emprego”. Otero salientou que xa se leva anos arrastrando esta suba “sen que a Xunta consiga facer nada efectivo e reprende que o conselleiro do Mar descubra agora a realidade da caída do consumo de peixe cando non é ningunha novidade e levan anos sen adoptar medidas que melloren a situación dedicándose a buscar sempre culpables de todos os males noutras latitudes”.
Solucións
A deputada sinalou de que o goberno galego non parece ter interese por buscar solucións de calado ”para promocionar o consumo do peixe nin para atallar a alarmante situación da caída de produción marisqueira das nosas rías o que amosa un Alfonso Rueda incapaz de solventar os problemas do sector pesqueiro”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PIERDE LA VIGENCIA DEL CARNET
Condenado por negarse a hacer la prueba de alcoholemia tras causar un accidente
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Retenciones kilómetricas a la salida de Ourense
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Lo último
CULTURA E LITERATURA GALEGA
O PPdeG reivindica a Castelao, defensa de valores galeguistas
CONCIERTO DE NAVIDAD
La propuesta navideña de la Banda de A Lira agota entradas
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Judíos en Galicia