¡BUONE VISIONI!
"Hokum": terror folk irlandés
¡BUONE VISIONI!
Damian McCarthy é un cineasta irlandés que co seu último filme, “Hokum”, se consolida dentro do panorama contemporáneo do xénero de terror. As súas películas anteriores, “Caveat” (2020) e “Oddity” (2024), xa demostraron un talento indiscutible dentro do circuíto indie. McCarthy sabe xogar moi ben na dicotomía entre real e irreal, movendo os seus personaxes nun mundo verosímil habitado por fantasmas externos e internos. A filosofía animista que impregna o seu imaxinario fai que cada obxecto teña un peso específico na historia. Neste caso, o Belbury Woods Hotel convértese nun espazo cheo de secretos, de habitacións ocultas, de portas e ascensores que nos levan a outra dimensión.
A historia vira ao redor dun escritor de novelas que visita o hotel irlandés onde os seus pais pasaron a lúa de mel para esparexer as súas cinzas. McCarthy coñece as infinitas variedades de mansións encantadas que forman parte da historia do xénero; o filme bebe de clásicos como “El resplandor” ou “Psicosis”, pero sobre todo do folclore irlandés. Recupera a historia da “Bruxa de Okun”, unha lenda urbana inspirada en figuras do folclore negro de Irlanda, que impregna as paredes do hotel coa súa presenza.
Un dos principais talentos de McCarthy é manexar os códigos do xénero dentro do cine indie. En “Hokum”, o cineasta saca o máximo partido á recreación dos espazos interiores a través dun traballo de arte detallista e a fotografía de Colm Hogan. Hogan consegue recrear unha atmosfera claustrofóbica aproveitando as texturas vintage e movementos de cámara que suxiren perigos constantes. A sólida interpretación de Adam Scott axuda a que a historia sexa moi disfrutable, confirmando o bo momento do terror indie xunto a títulos como “Weapons” (2025) de Zach Cregger ou a triloxía de Ti West.
Esta semana ten lugar en Porriño a edición número XXIII do Festival de Cans. Este ano, o festival ten programadas máis de 100 obras e conta con 30 estreas. Un total de 35 curtametraxes compiten nas seccións oficiais, xunto a 20 pezas na sección de videoclips.
A programación inclúe unha homenaxe ao cineasta Julio Medem e o avance da serie documental “El balance de los daños”, sobre o final do grupo Siniestro Total. Podedes consultar o programa completo na súa web oficial: www.festivaldecans.gal.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
¡BUONE VISIONI!
"Hokum": terror folk irlandés
Evelio Traba
LOS LIBROS QUE LEO
Sobre los peligros de la excepcionalidad
Lo último
"TODOS CONTRA EL FUEGO"
El plan estatal amplía los medios materiales contra los incendios
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
¿Apagón digital?
OBJECIONES DEL PP
Las comunidades aceptan el plan de vivienda 2026-2030
Julia Navarro
Barro y más barro