30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
LUNS BORRALLEIRO
O Antroido de Matamá (Laza), recuperado en 2015, combina estes días a tradición e a festa co compromiso dos seus veciños, os impulsores desta celebración que mantén vivo o legado dun pobo.
O sábado tivo lugar unha multitudinaria cea popular onde o porco ao espeto foi o protagonista gastronómico. A xornada do domingo marcou un dos momentos máis agardados coa estrea dos peliqueiros á saída da misa, ritual que encheu as rúas co son dos chocos.
O luns á mañá, a veciñanza fixo un percorrido pola aldea, con paradas para xantar, beber e troulear ao ritmo da charanga A Felga. O prato forte foi á tarde coa saída da Morena e da Albarda, o momento máis salvaxe e ancestral, onde ninguén quedou a salvo da choiva de formigas, borrallo, fariña e cobelleiros.
O Antroido despídese este martes á tarde co testamento do burro, na compaña da comparsa cos sombreiros de papel e outros persoeiros locais
Contenido patrocinado
También te puede interesar
30 ANOS DE HISTORIA
A Pantalla de Xinzo de Limia celebra tres décadas con homenaxes
PANORAMA CULTURAL
Mugares, referente del audiovisual a través del Entroido de Ourense
XUNTANZA VECIÑAL
Galería | Entroido en pleno mes de setembro nas rúas de Esgos
Lo último
JUNTA EXTRAORDINARIA
Dos auditores abandonan Eurobattery en plena crisis por la mina de A Gudiña
AYUDAS OFICIALES
La Xunta destina 81.600 euros a las farmacias rurales de Ourense
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Día Mundial del Ahorro de Energía