XOVES DE COMPADRES
Verín viste a borrasca Leonardo con chapeu e gabardina
XOVES DE COMPADRES
Tras un ano de agarda, Verín arrancou este xoves o seu Entroido, a celebración máis emblemática da vila, pero tamén a máis enxebre, patrimonio de todos e cada un dos seus veciños. Se en 2025 a vila vivía un Xoves de Compadres cun tempo case primaveral, desta vez o protagonista indiscutible, con permiso de Don Carnal, foi a borrasca.
A choiva e o vento foron os convidados dunha noite na que a gabardina deixou de ser unicamente o traxe de etiqueta, para converterse nunha protección máis contra a auga. Pero nin tan sequera os efectos de Leonardo, que leva varios días preocupando á veciñanza pola constante suba do caudal do río Támega, puideron amargar a festa. Os ánimos entroideiros xa hai tempo que desbordaran, e cando iso ocorre non hai tormenta que bote por terra as ganas de troula.
Sombreiros, chapeus e gabardinas saíron do armario e tomaron as rúas do centro de Verín entre lusco e fusco. As cuadrillas de compadres, entre as que non faltaron grupos de mulleres, celebraron todos xuntos, brindando pola alegría compartida de que xa deron comezo os días máis bonitos do ano.
A velada foise abrindo paso igual que o Entroido: a base de abrazos, risas e reencontros. Con ou sen bigote, os compadres vestiron as súas mellores galas e sacaron a relucir a retranca, o ingrediente que nunca pode faltar entre copas de viño e paparotas de amigos.
Seguindo a tradición, a medianoite os compadres, fachos en man, conduciron nun carro ao Maragato a un xuízo que non deparou sorpresa. Trala súa queima, amenizada pola charanga Los Támega, deu inicio a festa na praza García Barbón con Enjoy Eventos, baixo a carpa instalada polo Concello. Pero se chove, que chova. Porque o Entroido de Verín xa está aquí.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XOVES DE COMPADRES
Verín viste a borrasca Leonardo con chapeu e gabardina
PROBLEMAS DE CIRCULACIÓN
Xinzo anulará su desfile si persiste la tractorada en la A-52
Lo último