PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo 11 de enero?
Detalles del evento
O Campus acollerá o I Congreso Internacional da Xestión da Balneoterapia, que se celebrará os días 20 e 21 de novembro de 2025 e será unha das primeiras citas enmarcadas no o proxecto de especialización Campus Auga de Ourense, financiado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia.
A presentación fíxose onte tras a xuntanza do seu comité organizador no edificio Xurídico-Empresarial. Nela, Francisco Javier Rodríguez Rajo, vicerreitor do campus de Ourense, salientou que este evento enmárcase nunha das liñas estratéxicas do Campus Auga, a xestión da auga termal, e apuntou que permitirá potenciar este proxecto de especialización e a súa internacionalización. Pola súa banda, Belén Gómez, xefa de área de Turismo Termal da Xunta de Galicia en Ourense, apuntou a relevancia deste congreso tendo en conta que en Galicia hai 21 balnearios e catro talasos e as vantaxes médicas que ofrecen as augas mineromedicinais.
En representación do comité organizador do congreso, María Montserrat Cruz (Universidade de Vigo), José Juan Cerdeira (Deputación), Javier Soto (Caldaria) e Juan Gestal (Universidade de Santiago de Compostela) destacaron a pertinencia de que con este evento se poñan en valor os recursos termais, as propiedades terapéuticas e médicas das augas mineromedicinais e se dea un paso máis no camiño do seu aproveitamento por parte do sistema nacional de saúde, a semellanza do que acontece en países da contorna.
Punto de encontro
O congreso leva por título “Aproveitamento médico dos balnearios polo Sistema Nacional de Saúde: unha oportunidade de desenvolvemento termal”. O seu principal obxectivo é ofrecer “un punto de encontro para reflexionar e intercambiar coñecementos sobre aspectos significativos relacionados cun mellor aproveitamento das propiedades terapéuticas das augas mineromedicinais”. Nesta primeira edición, aposta por un carácter multidisciplinar, abordando aspectos específicos relacionados coa temática da auga no censo da balneoterapia, incluíndo aspectos como a utilización e xestión médica dos balnearios e o turismo sanitario, entre outros temas. Ademais, exploraranse aspectos vencellados á responsabilidade social e os obxectivos de desenvolvemento sostible no contexto do recurso hídrico terapéutico.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo 11 de enero?
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 10 de enero?
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, viernes 9 de enero?
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, jueves 8 de enero?
Lo último
CREACIÓN DE EMPRESAS
El año 2025 cierra como el tercero más emprendedor de la última década en Ourense
ASOCIACIÓN VENEZOLANA EN OURENSE
Lorenzo González Rodríguez, presidente de Alma Llanera: “Siempre apostamos por una transición pacífica”
5% PAGA CON AYUDAS
Ourense, la provincia gallega con mayor pobreza energética