DRONES Y VIDEOVIGILANCIA
Aprobado el plan de la Xunta Pladiga contra los incendios forestales: principales medidas y medios
Os Camiños de Santiago, desde hai séculos, levan aos peregrinos da Cristiandade cara a tumba dun apóstolo.
Por se fose pouco, o que actualmente é a Catedral foi o punto de partida para a construción dunha urbe monumental, Santiago de Compostela, que naceu nun bosque sagrado do Fin do Mundo con vocación de Cidade Santa e Patrimonio da Humanidade.
Hoxe, cun milleiro de anos de existencia vividos ao ritmo da extraordinaria historia compostelá, a Catedral amósase coma un complexo conxunto de espazos duns 10.000 metros cadrados de superficie, capaces de recompensar coa súa potente espiritualidade a fe dos camiñantes e coa súa beleza aos visitantes do mundo.
A Catedral de Santiago custodia as reliquias dun apóstolo da Cristiandade. No ano 813 (segundo versións, 820 ou 830) produciuse o milagroso descubrimento das reliquias do Apóstolo baixo a maleza do Monte Libredón. Atopounas un ermitaño que viu alí signos celestiais. Avisado polo bispo de Iria Flavia, o rei astur Afonso II mandou levantar unha primeira capela de pedra e barro xunto ao antigo mausoleo.
Tras dous mil anos de historia como centro espiritual, e case mil do seu actual edificio, a Catedral preséntase hoxe como un conxunto heteroxéneo de espazos e elementos estéticos que deixan ‘ler’ na pedra a extraordinaria historia compostelá. Sometida hai pouco a unha profunda restauración, hoxe é posible ver o Pórtico da Gloria en todo o seu esplendor.
E é que na súa longa existencia o templo foi escenario de toda clase de episodios sacros e mundanos, que van desde a coroación dos reis de Galicia na Idade Media ata o acuartelamento dos soldados franceses durante a Guerra de Independencia.
A Catedral é visitable todos os días desde as 07,00 ás 21 horas. A entrada é gratuíta para visitantes individuais, agás zonas do museo. Existe un Centro de Recepción dos visitantes na cripta do Pórtico da Gloria, baixo as escaleiras do Obradoiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DRONES Y VIDEOVIGILANCIA
Aprobado el plan de la Xunta Pladiga contra los incendios forestales: principales medidas y medios
FRENTE A LAS 5.269 DE 2024
Gráfico | Los divorcios y separaciones descienden en Galicia un 13,2%, con 4.573 en 2025
GUERRA EN ORIENTE MEDIO
Transporte y sector primario urgen medidas por la guerra en Galicia
Lo último
PRIMERA EDICIÓN
Galería | Las traineras conquistan y brillan en Castrelo de Miño
"CONTRATO INTERGENERACIONAL"
Europa planea potenciar los lazos entre las generaciones