ACOSO SEXUAL
El pleno de Lugo aprueba la reprobación de José Tomé
ESTE LUNS
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas inicia este luns, día 29 de setembro, os traballos xeotécnicos destinados a definir as estruturas necesarias para o desdobre do corredor do Morrazo.
Estes labores, necesarios para a redacción do proxecto que se realiza actualmente, efectuaranse nas marxes do corredor e nas estradas próximas ao tramo III, que comeza no punto quilométrico 7+300 (enlace da Fraga) ao 11+150 (enlace de Cangas).
Segundo explicou o departamento que dirixe Ethel Vázquez, estas tarefas permitirán definir os noiros necesarios e a tipoloxía das cimentacións a deseñar para realizar as estruturas previstas para executar o desdobramento do corredor.
A empresa adxudicataria do contrato de redacción do proxecto levará a cabo máis de 70 ensaios para o recoñecemento en profundidade do terreo, definir o grao de compactación e facturación dos mesmos, así como o espesor do substrato e a capacidade do subsolo.
Debido ao pouco espazo dispoñible, a Consellería avisou de que algunha das prospeccións que se realicen terán certa incidencia no tráfico, tanto no corredor coma nas estradas que cruzan. Con todo, sinalou que, en ningún momento se pechará o tráfico.
O departamento autonómico destacou que, na actualidade, está a redactar tres proxectos construtivos que corresponden aos tres tramos nos que se dividiu o desdobre, nos que o Executivo autonómico inviste case un millón de euros.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACOSO SEXUAL
El pleno de Lugo aprueba la reprobación de José Tomé
RENOVACIÓN DE INFRAESTRUCTURAS
La Xunta licita la última fase de la autovía Nadela-Sarria, con obras previstas para el segundo semestre de 2026
300 MILLONES DE EUROS
Un despacho de abogados en Vigo investigado en la Operación Pamplinas Stars
VOTACIÓN POPULAR
"Xenocidio", la Palabra do Ano 2025 de la Real Academia de Galicia
Lo último
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
O Nadal é...
AGUAS RESIDUALES
Cea impulsa con un millón de euros su depuradora