A EDICIÓN MÁIS AMBICIOSA
A mocidade revive a tradición galega no Ponte Farruca
AVOGADA DAS DORES DE CABEZA
A parroquia de Cerdedelo, en Laza, revive esta fin de semana a súa tradición máis arraigada, o culto á Virxe da Pena Tallada, con tres días que combinan devoción relixiosa cunha variada oferta lúdica e musical organizada pola asociación veciñal Cerdedelo-Pereiro e a colaboración do Concello.
A lenda conta que a Virxe se lle apareceu nunha rocha -a “pena tallada”- a uns pastores, lo que propiciou que no século XIX se levantase unha ermida na súa honra a escasos metros da figura na rocha. O culto arrincou xa a principios de mes co descenso da imaxe á igrexa e agora a parroquia honra a figura levándoa varias veces en procesión sobre un carro ata a capela, onde permanece o resto do ano protexendo aos devotos das dores de cabeza.
Os festexos arrancan este venres 29 cunha pancetada gratuíta no bar da comisión amenizada por Serafín Carballo e Cía e a orquestra Saudade. O sábado 30 comezará cunha alborada da charanga NBA. Ás 12,30 horas será a misa solemne e a procesión ata a ermida de Nosa Señora da Pena Tallada, amenizada pola coral Beato Sebastián Aparicio da Gudiña. Ao rematar, haberá sesión vermú con pulpeira e música. Xa pola tarde, a coral ofrecerá ás 17,00 un concerto cun repertorio especial na igrexa parroquial. A velada pecharase cunha verbena coa orquestra Alabama.
O domingo 31 iniciarase coa alborada de Feiticeiros do Son, misa e procesión ao mediodía na capela de Penatallada. Tras unha nova sesión vermú e o posterior xantar, o broche de ouro das festas chegará cunha última alborada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
A EDICIÓN MÁIS AMBICIOSA
A mocidade revive a tradición galega no Ponte Farruca
PATRIMONIO CULTURAL
Laza afondará na Morena, figura clave do seu Entroido, cunha charla monográfica
Lo último
PRIMERA OFICINA
Modelos de IA eluden órdenes de sus creadores en OpenAI
FUNDACIÓN LÍNEA DIRECTA
Casi el 90% de los conductores en Galicia suspenderían hoy el examen teórico