VOTOS HASTA EL 31 DE OCTUBRE
Esta ruta ourensana aspira a ser el mejor sendero de España
GASTRONOMÍA
A Baixa Limia celebrou hoxe unha xornada de gastronomía, verbena e tradición ca XXVI Festa dos Callos limiaos de Lobios e a XVI Carretada de Lobios.
A cita comenzaba ás 11,30 horas, cando abriu as súas portas a Feira de Artesanía, na que os asistentes e veciños foron facendo fame mentres escoitaron a alborada da Banda de Música de Lobios.
Entre compras e viños chegaron as 14,00 horas, e centos de veciños esperaban a apertura de portas do pavillón, que se converteu nun comedor xigante para a degustación dos callos limiaos, na que se serviron máis de mil racións.
Os que decidiron comer alí puideron desfrutar de salpicón de pescado e marisco, pinchos de xamón asado e como non, os tradicionais callos limiaos, acompañados de auga ou viño e remataron con arroz con leite. Outros preferiron coller as racións de callos para levar. Logo da sobremesa deu comezo a festa de colores e da escuma na explanada das piscinas municipais e a actuación da charanga CLK.
Logo de cambiar a roupa e limpar -ou intentalo polo menos- os restos dos polbos Holi da festa, os participantes deron comezo á XVI Carretada de Lobios, unha espectacular e divertida proba que ten como protagonista o tradicional carro galego.
Nesta proba os competidores completaron, en parellas e no menor tempo posible, un circuíto pechado tirando dun carro galego. Dividíronse en catro categorías segundo idades e o tamaño do carro: infantil e carro pequeno, xuvenil e carro mediano, e sénior e sénior plus -para os maiores de 56 anos-, que correron cos carros grandes en subcategorías mixtas e femininas.
Contaron con premios en metálico para os gañadores sénior e agasallos para os cativos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
VOTOS HASTA EL 31 DE OCTUBRE
Esta ruta ourensana aspira a ser el mejor sendero de España
MÁIS DE MIL RACIÓNS
Galería | A Festa dos Callos Limiaos pon sabor ao verán en Lobios
FESTA DA MALLA
A maxia da malla revive a tradición rural en Puxedo
Lo último
Fernando Ramos
Bildu es ya el más firme apoyo de Sánchez
EDUCACIÓN VIARIA
Os nenos de Barbadás presumen de bicicleta
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Playa de Ríos en Vigo
MÁS DEPORTES
Un paseo en bicicleta por la Ribeira Sacra