O grupo De Vacas ofrecerá o seu show sinfónico na alameda de Vilaza, en Monterrei
CONCERTOS DO XACOBEO
O concello de Monterrei acollerá un concerto de De Vacas este domingo 30 de agosto
O grupo compostelán De Vacas fará parada no concello de Monterrei, este domingo 30, dentro da xira polo seu décimo aniversario. A alameda de Vilaza acollerá a partir das 22,00 horas, o espectáculo “Vacanal Sinfónica”, no que Inés Salvado, Faia Díaz, Paula Romero e Guillerme Fernández ofrecerán o seu particular repertorio baseado en versións en galego de grandes éxitos internacionais e nacionais do pop, do reguetón e da música comercial.
A cita enmárcase dentro do ciclo itinerante Orballo Cultural, unha iniciativa impulsada polos Concertos do Xacobeo que percorre a xeografía galega mesturando música, gastronomía, pintura e artesanía.
Ademais da actuación musical, os asistentes a Vilaza poderán disfrutar de actividades paralelas que inclúen exposición e venda de artesanía galega, experiencias vinculadas á identidade da contorna e “showcookings” con produtos locais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar