La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
No mundo arestora todo está máis conectado e revolto ca nunca. De andar o prezo do petróleo polos 175 ou 200 euros, a todos nos parecería lóxico que os expertos dixesen: "Señores, o Estado Islámico ocupou os campos petrolíferos de Iraq e Siria; Nixeria, estado petrolífero do golfo de Guinea, está contra as cordas por Boko Haram; Libia, case toda, en mans da bandeira negra; Chavez xoga –e mal- co crú venezolano; as monarquías de Arabia e do Golfo, no obxectivo do islamismo radical descontrolado... o mercado está asustado e o medo fai subir o petróleo". Pero sucédelles ao revés: anda máis barato ca nunca. A crise fai que haxa menor demanda e tres circunstancias, maior oferta: o éxito da técnica do fracking nos USA, novos produtores, e, sobre todo, a apertura a caneiro cheo do petróleo de Arabia Saudita... Eses baixos prezos supoñen unha maior axuda contra a crise económica que as medidas que poidan decidir os gobernos occidentais e poñen, de paso, en crise máxima o sistema ruso.
E con estes favores, os poderes árabes alíanse con Occidente para dúas cuestións interconectadas: trataren de frear o plural, díscolo e sanguinario extremismo musulmán e tentar resolver o conflito de Israel. De conseguíreno, pensan, recuperarían o prestixio no mundo musulmán e viría un tempo de calma. Os analistas demócratas dos EEUU, coa experiencia á vista, saben que non hai solución militar contra o Estado Islámico; por iso só levan a cabo traballos menores de contención, apoiando aos kurdos benditos. E Obama, de retirada, topa un novo aliado cun grande ascendente sobre a espiritualidade mundial que é o papa, e move ficha: EEUU saca do medio un tema menor como Cuba, puro residuo da historia, de absorción fácil a medio prazo, por xentes preparadas e occidentais; e intentará, máis complicado, achegarse a Irán, dados os inimigos comúns do mundo xií e de occidente, e co recoñecemento á xerarquizada disciplina xií en Iraq ou Líbano.
Obama ten, pois, as mans libres para o grande problema: unha parte da humanidade está disposta a matar e morrer fanatizada e autofanatizada como poucas veces na historia, grazas, tamén, ás novas tecnoloxías da comunicación. Así, Occidente parece querer ir cara a unha neutralidade resolutiva no conflito entre palestinos e Israel. Os parlamentos europeos dan pasos para recoñecer ao Estado Palestino, mesmo sen que estes recoñezan o dereito a existir de Israel e prediquen o odio nas súas escolas, e sacan a Hamás das listas de organizacións terroristas. A idea, parece, é "calmar" aos musulmáns moderados do mundo e forzar a israelís e palestinos a un acordo de paz que abra unha nova era. Se as monarquías de Arabia e o Golfo presionan a Hamás, se Irán presiona a Hizbulá, se USA e Occidente presionan a Israel... se Erdogán e Sisi apoian desde Turquía e Exipto... podería chegar a ser imaxinable un acordo. Ora ben, hai demasiada condicional enlazada e se unha falla, sería máis complicado. En calquera caso, quen nos ía dicir que teriamos un presidente negro en USA e un papa arxentino no Vaticano? O desacougo destes días en París, indícanos que hai que mover ficha con firmeza e intelixencia para darlle unha oportunidade á esperanza en 2015. Despois a realidade será a que será.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último
EL GORDO ESTÁ EN EL BOMBO
¿Con qué números han tocado los premios gordos de la lotería de Navidad? Descubre los más repetidos
TERCERA VICTORIA CONSECUTIVA
El Arenteiro es otro equipo y derrota a Osasuna Promesas (2-0)