Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Feijóo e Sánchez no espello extremeño
¡BUONE VISIONI!
Faltan poucos días para o comezo do 2026. Xusto o tempo de rebobinar, facer balance deste último ano de cine. A menos de sorpresas relacionadas coas estreas de Nadal, este 2025 rexistrou unha lixeira baixada no número de espectadores en salas de cinema. A recadación segue na corda frouxa, nunha racha negativa que empezou hai 10 anos e que afectou sobre todo as películas españolas que este ano rexistrou un 42% de entradas vendidas menos (12,98 millóns) se comparadas coas do 2014 (22,4 millóns).
A pesar dos datos, o 2025 foi igualmente outro gran ano de cinema, incluso con moi boas películas españolas.
Nesta recompilación do máis destacado da tempada, non podemos esquecer a estrea no mes de xaneiro de The Brutalist de Brady Corbet, un falso biopic sobre o arquitecto húngaro László Toth, un xudeu sobrevido ao holocausto que chega aos Estados Unidos para reconstruír a súa vida. Un filme monumento concibido para ser visto en pantalla grande, cun magnifico Adrien Brody que gañou un merecido Óscar a mellor actor principal. Outro filme co que compartiu carteleira con The Brutalist e que tocou o tema do Holocausto, aínda con menos veleidade autoral, foi A Real Pain de Jesse Eisenberg. Unha dramedia capaz de conmovernos e facernos rir ao mesmo tempo, e con sutileza.
No 2025 o absurdo, o humor negro, o caos e a violencia predominaron as narracións cinematográficas. Non só no cinema de xénero con bos filmes como La acompañante de Drew Hancock, Weapons de Zach Cregger ou 28 años después de Danny Boyle. Una batalla tras otra de Paul Thomas Anderson, Bala perdida de Darren Aronofsky, Eddington de Ari Aster ou incluso Sirat de Oliver Laxe son algúns dos títulos que transitaron na carteleira do cinema comercial. Son películas que describen un presente cada vez máis ilóxico, cos seus protagonistas envoltos en narracións extremas, surrealistas. Os cineastas servíronse dun espello deformante para reflectir as inquietudes dunha sociedade sen rumbo. Especialmente Eddington, un filme complexo, fronteirizo, cunha narrativa desilachada. Eddington ofrece unha instantánea dos Estados Unidos na época do COVID, onde todos os personaxes está excedidos, viven nun microcosmos alimentado polos bulos, as tramas cospiranoides, o medo e as armas.
Dentro deste panorama cinematográfico dominado polas narracións ilóxicas e surrealistas houbo excepcións – moi poucas. Unha delas foi Los colores del tiempo de Cédric Klapisch, unha rara avis cinematográfica que se sitúa nun territorio de reflexión completamente diferente. A película intenta relatar o presente dialogando co pasado e pode ser unha resposta, igualmente válida e sen dúbida sólida, a un presente que vira cara a un futuro cada vez, quizais só aparentemente, máis incomprensible.
Neste ano 2025 non faltaron os biopics sobre os artistas da música. Lembramos a dous: A Complete Unknown, sobre Bob Dylan e Deliver Me From Nowhere sobre Bruce Springsteen. No primeiro, protagonizado por Thimothée Chalamet, o cineasta James Mangold fai un cadro bastante preciso da escena musical estadounidense da época, encadrando a achega artística de Bob Dylan neste contesto. No segundo, o director Scott Cooper aborda a gravación do álbum Nebraska, para falar da historia dun home roto por dentro que intenta reatopar o seu sitio no mundo.
O 2025 foi un ano de títulos españois excelentes. Ademais da xa citada Sirat, unha road movie simbólica, unha odisea cara ao abismo, coa que o director Oliver Laxe levou o premio ex-equo do xurado no último Festival de Cannes, habería que lembrar a máis películas. Con Los domingos Alauda Ruiz de Azúa cumpriu un auténtico milagre cinematográfico. A cineasta achegouse a unha historia sobre a vocación relixiosa case como unha antropóloga ou unha socióloga e realizando unha película tan ambigua que non empuxa realmente o espectador a ningunha dirección. O seu filme, formalmente impecable e cunhas magnificas interpretacións, podería ser perfectamente defendido, con instrumentos válidos, tanto polos relixiosos como por los ateos.
Muy lejos foi un proxecto moi persoal, sensible, cheo de vida, dirixido por Gerard Oms e protagonizado por un superlativo Mario Casas que merece figurar neste listado do mellor do ano. Así como Sorda, unha historia que nace das vivencias persoais da actriz protagonista, Miriam Garlo, que acudiu á axuda da súa irmá, directora do filme, cando se expuxo ser nai tendo unha discapacidade auditiva. Ao igual non podemos esquecer a La buena letra, unha película minimalista e ao mesmo tempo chea de matices sobre a posguerra, dirixida por Celia Rico e protagonizada por Loreto Mauleón.
Antes de Nós de Ángeles Huerta sobre uns momentos íntimos e poucos coñecidos do pai do nacionalismo galego Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e da súa parella Virxinia Rodríguez, Mi ilustrísimo amigo de Paula Cons, sobre a historia de amor e creatividade entre Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós, A foreign song de César Souto ou San Simón de Miguel Ángel Delgado, son algúns dos títulos galegos que chegaron á gran pantalla no 2025 e que queremos destacar.
Na espera dunha nova tempada cinematográfica, e sobre todo doutro gran ano para o cinema galego, despídome cunha copa de champagne na man, e cos meus mellores e, xa clásicos, desexos cinéfilos: Buone visioni!
Los estrenos de cine se adelantaron esta semana a Nochebuena y Navidad. El 24 llegó a las salas la británica “Father Mother Sister Brother” y la española “Ariel”, mientras que el jueves se suman “Homo Argentum”, “Anaconda” y “Bob Esponja: una aventura pirata”. Jim Jarmusch dirige “Father Mother Sister Brother”, una comedia británica sobre las relaciones distantes entre padres e hijos, con historias en distintos países y un tono tranquilo y melancólico. Protagonizan Tom Waits, Cate Blanchett, Adam Driver, Vicky Krieps, Charlotte Rampling y Mayim Bialik.
Lois Patino escribe y dirige “Ariel”, donde una actriz viaja a las Azores para actuar en La Tempestad de Shakespeare, pero descubre que la isla entera se ha convertido en un teatro y sus habitantes en personajes de la obra.
“Anaconda”, protagonizada por Paul Rudd y Jack Black, cuenta la historia de dos amigos que deciden rehacer su película favorita en el Amazonas, pero el rodaje se vuelve mortal al aparecer una anaconda gigante. Por último, “Bob Esponja: una aventura pirata” muestra al protagonista emprendiendo una arriesgada aventura marítima para demostrar su valentía siguiendo al Holandés Errante.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Feijóo e Sánchez no espello extremeño
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
A feira política
Manuel Orío
La tregua de Navidad
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
2025: Claqueta final
Lo último
FÚTBOL SALA FEMENINO
Carlos Navarro, entrenador del Ontime: “Estamos en el buen camino”
ALZA EN LAS VENTAS
Regalar libros vuelve a estar de moda esta Navidad en Ourense