La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Deixo caer unha bomba sobre a ilusión dun soño. Todo estoupa. Nada se move. Só a lúa vella brilla no firmamento. E o silencio da noite racha as entrañas dun pensamento. Que é? Onde está? Para onde vai? Ninguén pode saber o que hai máis alá dunha conciencia tranquila, dun ritmo cardíaco, dun pulso novelesco ou dun tempo que non avanza, que non progresa. Logo do estourado, todo queda en silencio. Ata os propios latexos dun corazón que vai e vén por entre os regos dun poema, por entre os versos dunha leira. A bomba rebentou aquilo que se meteu dentro. Aquel asubío no recordo. Aquel sorriso en calquera xogo. Aquel mirar que te deixaba medio morto. Aquela ilusión dun soño. Quedo pensando agarrado ó silencio, e alá, no máis profundo do firmamento, vexo a nube tóxica (pero bonita, fermosa, linda, xeitosa...) que se me mete dentro. Quero retroceder no tempo, pero a bomba xa esbourou para abrasar, para estragar sentimentos que flúen ou que se expanden por toda a redondez da lúa vella. Desa lúa vella que brilla e ensina o camiño do entendemento e do miolo dun propósito, dun proxecto. Deixo caer unha bomba sobre a ilusión dun soño. Do teu soño. Do meu soño.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último
TEMPERATURAS MÍNIMAS
Galería | El primer día del invierno cubre de nieve y hielo la provincia de Ourense