Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
O acordo forestal promovido pola Xunta de Galicia é unha consecuencia inevitable da vaga de lumes padecida e sufrida por Galicia, especialmente nas provincias de Ourense e Pontevedra. Ese tráxico domingo 15 de outubro evidenciouse un fracaso que viña tempo arrastrándose e que, ao parecer, ninguén parecía decatarse. Son moitas as liñas que se teñen escrito dende entón sobre este tema e non quixera ser reiterativo, pero trala lectura das 30 propostas concretas presentadas en sé parlamentaria polo presidente da Xunta, coido que é de interese presentar algunha reflexión.
Nunha situación como a que estamos que pode (e debe) ser cualificada como extrema, todas a medidas que se adopten deben ter un fío condutor que permita atacar de raíz coa orixe do problema. É aquí onde reside unha das grandes dificultades posto que moito me temo que este proceso de identificación aínda non está claro. E debería estalo porque o problema forestal de Galicia ten unha orixe económica que, se ben pode haber dúbidas de cando datalo, si debería estar identificado. Nomeadamente, a xestión do monte e a mobilización de terras constitúen unha das grandes prioridades (mesmo emerxencias) da nosa economía.
No Foro Económico de Galicia vimos tempo alertando desta situación e xa contamos con máis de un Documento de Traballo que así o testemuña. Por este motivo, cando se le dentro do conxunto de medidas, aspectos como a valorización do monte e o emprego do Banco de Terras cabe pensar que se apunta na dirección acertada. Pero estas medidas deben cumprir dous requisitos: ser ambiciosas e ser realistas. Levándoo a unha linguaxe máis coloquial, non se poden quedar en papel mollado. Toda persoa que ten certo vencellamento co rural sabe que a propiedade do monte, das fincas ou das parecelas é unha especie de maldición bíblica. En tanto e canto isto non se solucione, estaremos a falar do mesmo problema, mesmo acrecentado co paso do tempo que nestes casos o único que fai e empeorar as situacións.
E postos a favorecer o rural, non estaría de máis que o conxunto de políticas adoptadas fosen de carácter favorecedor para os seus habitantes. Xa que logo a experiencia di que se solo se regula con prohibicións e obrigas o que se está favorecendo é a fuxida dun territorio que, e isto hai que recalcalo, se non ten persoas, está condenado ao fracaso. Pero isto ten que ver con comportamento demográfico e, como no famoso libro de Michael Ende, "isto é outra historia, que será contada noutra ocasión".
Confiemos que desta vez si se acerte porque o éxito destas medidas será o éxito de todos nós. Poñamos en valor o noso monte, a nosa riqueza forestal e aproveitemos ese gran recurso que temos tan preto e que seica semella que só nos decatamos del cando lle prenden lume.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Tensión e cansazo
Julia Navarro
Madres, padres
Evelio Traba
LEER ES UN PLACER
Crónica del perdón necesario
José Antonio Constenla
MI PLAN PERFECTO
Estoy otra vez allí
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Después del Código Hays
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 21 de agosto
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: viernes, 21 de agosto
CONFLICTO BÉLICO
Trump comenzará una “gran guerra” económica ante Irán