José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: As Burgas (II)
O home é o lume. A leira a estopa.
Ven o demo, e sopra
Unha vez máis, os incendios ocupan as primeiras páxinas nos xornais. Desta volta, con marcado carácter dramático: chega o lume ás casas. A tipoloxía dos asentamentos tradicionais en Galicia, ás nosas aldeas, está ben definida: arredor do núcleo habitado están as leiras de cultivo ou labrados, os prados e pasteiros, tecnicamente denominada Superficie Agraria Útil (SAU). A continuación, sitúanse o monte baixo e o monte arborado, a Superficie Forestal.
Polo tanto, se chega o lume ás casas, non estamos a falar dun incendio forestal; estamos a falar de que arden as leiras de cultivo, hoxe abandonadas e outrora produtoras de alimentos. Convertida en inútil o que tecnicamente chamamos Superficie Agraria Útil.
Temos a estopa á porta da casa. So falta o lume e que veña o demo e sopre, parafraseando o vello dito popular. Por iso que a solución non está en encher o ceo de aeroplanos tirando auga, nin centos de brigadas e motobombas. Temos que acabar coa estopa. Poñer a SAU a producir carne e leite en base a pastos, millo, trigo en vez de alimentos concentrados que veñen en barco de ultramar; producir froitas, hortalizas e flores, en vez de importar cada vez máis da Unión Europea e de países terceiros.
Calquera país "moderno" (Francia. Alemania, Holanda, Dinamarca, Canadá, Estados Unidos...) ten máis do 50% do seu territorio destinado a Superficie Agraria Útil. Ningún país sensato deixa a produción de alimentos en mans de terceiros. Galicia non chega ao 25%, e baixando. Gran parte das fincas en mans de propietarios que están fora (absentistas) ou de xente maior que nin as traballa nin as limpa. Economicamente é inviable e fisicamente é impensable. Por outro lado, hai explotacións agrarias necesitadas de ampliar a súa base territorial para limitar a dependencia de inputs externos.
Existe un instrumento para facilitar que a terra abandonada poda ser utilizada polas explotacións que queren medrar (ou nacer) mediante arrendamentos: o Banco de Terras. Pero os gobernos teñen que ser contundentes: ou traballas a finca, ou a limpas, ou a prestas ou a cedes en aluguer. Podes incorporala ao Banco de Terras para que poda ser arrendada, coas garantías ofrece este instrumento público. Ou comes, ou deixas comer. Xa hai lei e xa hai instrumento. So hai que aplicar a lei e afinar o instrumento. Xa non arden os montes. Arden as leiras á porta da casa. Isto por si mesmo non é a solución, pero canto máis tardemos, farán falta máis aeroplanos e máis xente vivindo deles,o que non fai máis que aumentar o problema.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Escavacións arqueolóxicas nas orixes de Ourense: As Burgas (II)
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Marcos, el mochilo
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El burka de la izquierda
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Doping
Lo último
Sociedad de Promoción Exterior Principado de Asturias
Bruno López, director general de Asturex: “Exportar requiere paciencia, constancia y músculo económico”