Accidentes e culpas

O AFIADOR

Publicado: 09 oct 2026 - 04:51
Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

O pasado domingo rexistrouse un grave accidente de tráfico á altura da Finca Sevilla, na confluencia da entrada para o polideportivo Paco Paz, o instituto Ferro Couselo ou Expourense) coa estrada de Ourense ao pobo de San Cibrao das Viñas (OU0517). Como xa sabe vostede de sobra a estas alturas, o choque dunha moto contra un coche saldouse co fatal desenlace para a vida do motorista, cando esta intentaba unha maniobra de adiantamento ao vehículo que o precedía, que nese instante tamén iniciou un xiro á esquerda cara o polideportivo. Ambas maniobras prohibidas por unha doble línea continua.

O sucedido non ten volta atrás, e a marxe de que feitos como este deberían sensibilizarnos aos conductores sobre a vulnerabilidade dos coches, moito máis das motos, e tamén dos peóns que con frecuencia son vítimas dos percances de tránsito en estradas e ruas. As apelacións á prudencia teñen pouco predicamento nun mundo de prisas -artificiales en moitas ocasións- ou necesitado de emocións fortes, pero non por elo hai que deixar de insistir na dureza da cara B de máquinas imprescindibles na civilización actual.

De mesmo xeito, accidentes como o comentado deberían de actuar como unha alarma sobre as autoridades e expertos na materia, porque a responsabilidade primeira é de quen infrinxe a normativa incluso con alevosía, pero detrás da obviedade hai decisións, inercias ou tal vez insensibilidades oficiais que poderían facer máis para incrementar a seguridade vial. No punto exacto dese mortal sinistro, con alta densidade de tráfico e de peóns en moitas fases do día, fanse ducias de xiros prohibidos cada día; nalgún momento concreto chegaron a anotarse trece nunha hora. Non hai algunha fórmula ou sistema que permita evitar tan arriscado desmán? Expertos en seguridade vial dín que sí de xeito categórico.

Amortiguar o perigo evitaría ou aminoraría consecuencias que logo lamentamos. O enclave dese último sinistro é dos de alto risco dada a densidade do tránsito, pero na contorna hai outros parecidos. O mesmo pasado fin de semana, unha máquina elevadora para traballos en altura permaneceu aparcada na calzada bloqueando o carril de saída á OU-105 en Seixalbo, diante dunha concesionaria de vehículos e ó lado de dous concurridos centros comerciais. O perigo agrávase para a circulación en tanto que quenes se incorporan á vía principal están obrigados a facer un xiro de 180 graos (que algúns inaprensivos obvian saltándose outra doble línea continua) onde permanece a memoria de duas vítmas mortais. Todo ese risco que calquera pode ver a diario, é evitable por parte das autoridades, aínda que non se den por aludidas.

Contenido patrocinado

stats