Fe ou negocio

DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE

Publicado: 09 oct 2026 - 04:10
Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

“E entrou Xesús no templo e botou fóra a todos os que mercaban e vendían no templo, e envorcou as mesas dos cambiadores e as cadeiras dos que vendían as pombas. E díxolles: - Escrito está: ‘A miña casa, será chamada casa de oración’, pero vós estádela facendo cova de ladróns.”

(Mateo 21.12-13)

Dous mil anos despois do narrado neste texto, ninguén discute que o problema que Xesús denuncia aquí con tanta contundencia segue a producirse en moitas congregacións hoxe en día, aínda que bastantes veces sexa dunha forma máis sutil ou encuberta que nalquel tempo.

A fe pode converterse en escaparate, o ministerio en profesión lucrativa e o servizo a Deus nunha plataforma ou espectáculo para gañar prestixio, diñeiro ou seguidores. Non se cuestiona que un obreiro espiritual é digno do seu salario, pero cando se utiliza o Evanxeo para enriquecerse, deixa de ser servizo e convértese en negocio. O Creador chámanos a servir sen tratar de aproveitarnos do sacro para o noso beneficio.

Contenido patrocinado

stats