Agostar e esturruxar

Publicado: 08 jul 2022 - 00:39

Inda non chegou o mes de agosto e con isto do cambio climático, xa está en moitos sitios a herba agostada, ou sexa tan seca como se estivésemos en agosto. Os nomes das estacións e de varios nomes de meses teñen moita familia: Outono, á parte da estación, de nome popular para o mes de outubro, ou de “decadencia” -ou outono do patriarca- tamén fala da herba que hai nese tempo, como o sinónimo “outoniza”, que pola súa banda pode ser adxectivo, “un tempo outonizo”. Pero de meses, propios, “andar á xaneira” -como os gatos en celo-; “as marzadas” os golpes de tempo variables dese tempo; ou “marzal” o tempo propio dese mes. E cando a herba se agosta, esturrúxase co sol. Si. O verbo esturruxar -ou esturrar- é un verbo moi noso para falar dunha comida que se asou ou fritiu de máis. Neste tempo de sardiñas asadas é bo telo presente. Nin crúas nin esturruxadas de máis.

Contenido patrocinado

stats