Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
A memoria é traidora
Morreu Luis Caramés. Cada semana mórresenos alguén ó que admirabamos de xeito que, de seguir así, esta páxina dos mércores vai camiño de se nos converter nun obituario. Luis non era de eiquí ó lado, do Carballiño, coma o foi María Teresa Miras Portugal, á que choramos hai xusto hoxe unha semana. Luis era de Cerdedo, que está logo de baixar d’O Paraño, camiño xa de Pontevedra, de onde o separaban trinta quilómetros dunha estrada con máis curvas das que ninguén puidera nunca imaxinar. O finado do meu pai e o tamén xa defunto don José Taboada, que foi secretario do Xulgado de Pontevedra e señor do pazo de Tamallancos, tiveron a ocorrencia de vir os dous, dende Pontevedra a Ourense, facendo cada un deles un pauciño por cada curva que lles ofrecía o camiño de xeito que, contados ambos rexistros e debidamente comprobados ó arribar a Ourense, saíronlle xustas, a cada un dos dous, setecentas trinta e seis curviñas, correspondentes ós cen quilómetros da distancia habida entre as dúas capitais de provincia. As máis delas entre Cerdedo en Pontevedra. Pois en Cerdedo naceu Luis Caramés, o amigo que se foi.
Danton, Georges-Jacques Danton, líder que foi da Revolución Francesa, antes de pasar pola guillotina díxolle ó seu verdugo: “Amose a miña cabeza á xente. É digna de verse”. Luis morreu no silencio que impón un accidente vascular cerebral masivo sucedido no interior dunha cabeza que estivo sempre atenta ó interés común, á millora e progreso dos seus concidadáns; unha cabeza, a súa, comprometida coa realidade social e cultural de nós, dos galegos, de xeito que, carente Luis do orgullo insultante de Danton, podemos ser agora nós quen nos mostremos orgullosos da súa intelixencia posta sempre ó servizo do seu país; o que é tanto como dicir de todos nós.
Comezou o pasamento de Luis (a iso que chaman millor vida) a finais dun acto da Fundación Belarmino Fernández Iglesias na que el funxía como presidente executivo é a que non hai moito doara un millar dos mellores libros da súa biblioteca privada. Morreu sen lle dar tempo a dicir “espere un segundo” como o que pediu e disfrutou a marquesa de Pompadour, amante que foi de Luis XV e mecenas que foi da cultura francesa, segundo que aproveitou pra se colorear as meixelas. Luis non dispuxo dese segundo. Pero os seus amigos sabemos del que non o tería aproveitado pra darlle cor á súa propia existencia. Non o necesitaba. Non foi só un economista destacado, un profesor que contou co respecto dos seus alumnos, senón que de xeito discreto e constante exerceu todo o mecenado que puido a prol dos intereses culturais deste noso país sempre tan necesitado dunha sociedade civil, ilustrada competente e forte coma a que el representou. Recordarémolo mentres vivamos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
A memoria é traidora
Luis del Val
Lo imperdonable
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
A votar cun libro
Itxu Díaz
BITÁCORA DE CAMPAÑA - DÍA 13
La tensa espera hasta el debate a cuatro
Lo último
La Región
¿Qué es realmente la libertad a nivel político?
SEGMENTO PRÉMIUM
Dormir sobre el Golfo en un apartamento de 1.500 metros
segmento prémium
Suiza estrena una nueva dirección de lujo para la temporada de esquí
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 27 de noviembre