Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Pregúntele a Vivas
Ando a ler “El hijo del chófer”. Trátase dun libro no que Jordi Amat, o seu autor, traza os rasgos fundamentais de Alfons Quintá, un avogado e xornalista, ou viceversa, que na contracapa do libro ven sendo retratado como un “artista consumado del chantaje, el acoso y la manipulación”.
Confeso que non tiña eu nin idea de tan importante señor, delegado que foi de El País en Cataluña, responsable da botadura mediática do “bajel pirata de todo el mar conocido del uno al otro confín” que foi Banca Catalana. A nota informativa, en fondo negro propio de Tusquets” é case que unha esquela mortuoria, unha láuda, na que se recolle en negro a traxectoria vital dun home que, antes de poñer fin á súa propia vida, púxollo ó da súa ex parella pegándolle un tiro. Digo recolle e non resume a vida de Alfóns Quintá porque a penas levo comezada a lectura e non sei o que esta me ha deparar aínda. Se comezo como comecei é porque a min os mortos, aínda os que o son pola súa propia vontade, merécenme algún respecto.
Do que levo lido podo dicir que, señor tan principal, foi fillo dun viaxante que foi amigo de Josep Pla, cuxa escrita eu tanto admiro, e que grazas a ter coche, naqueles duros anos que seguiron ós “trunfais”, levou ó escritor dun lado ó outro do país. Espero acabar sabendo algo máis do pouco que sei da corrupción padecida en Cataluña que, polo que se intúe, se anuncia levada a ramo por máis xente que a acollida baixo o lema de “Espanya ens roba”. Xa veremos. E xa lles contarei, claro.
O caso é que sempre unha cousa leva a outra e que, como xa lles dixen, son un admirador confeso da escrita do autor do “Caderno gris”; así que me puxen a ler cousas de Pla, convencido que estou de sempre de que é seguro que me han satisfacer máis que a do texto de Jordi Amat. Ó mesmo tempo que me ha axudar, tamén, a evitar esa comparación que xa levo feita algunha vez entre a corrupción do chamado caciquismo galego, unha minucia, comparada coa padecida noutros ámbitos estatais o catalán entre eles.
Así que me puxen a ler a Pla e din de fuciños co seguinte parágrafo: “Mi única ventaja ha sido entender que la base de la literatura son los adjetivos. Los sustantivos los sabe todo el mundo, hasta un niño. La cuestión es poner el adjetivo justo detrás de cada sustantivo. Si se aciertan los adjetivos, el escritor existe”. Logo de relelo e relelo non fago máis que me preguntar cales han ser os adxectivos que procedan unha vez lido ó completo o texto de Jordi Amat porque teño dúbidas de ter adxectivado ben o comezo desta crónica dos mércores nas que tanto me da por comparar o meu cos outros países deste mosaico cultural que compón o conxunto denominado España; un conxunto que, non sei ben por que, a min moito me gusta mentar como as Españas. Acaso porque nós, os galegos, esteamos tan afeitos a que nos adxectiven os demais e nós tan pouco a adxectivalos a eles. Pero haberá que ir comezando, digo eu.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Pregúntele a Vivas
Juan José Feijóo
Las encuestas más fiables, menos la del CIS
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
O bo goberno
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
Lo último
JURADO PROFESIONAL
Las Xornadas de Carne de Boi se disfrutarán en 22 locales alaricanos
CONVENTO DE SANTA CLARA
Localizan el segundo cerebro saponificado en Pontevedra
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
No contaminemos nuestra tierra
AMENAZAS DE LA IA
Anthropic propone medir el ritmo de desarrollo de la IA