Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Ourense busca cocineros, el Real Madrid presidente
Volve a gran pantalla Pedro Almodóvar. Íspese ao público coas súas fobias, paixóns e sentimentos máis íntimos como xa fixo en Dolor y gloria (2019) o seu filme máis persoal e destacable dos últimos quince anos. Outra vez o cineasta manchego volve a xogar cos límites da realidade e da ficción: regálanos un poderoso drama feminino en forma de caixas chinas, de historias dentro doutras historias.
A película móvese arredor dun cineasta consagrado que empeza a escribir un novo guión e a primeira historia que nos conta é a de Elsa, unha directora de películas de culto que fai publicidade. A nai de Elsa morre durante unha longa ponte do mes de decembro e ela atopa refuxio no traballo sen darse conta da importancia que ten concederse un tempo necesario para gardar o duelo pola ausencia materna... Pero isto é só o principio.
Amarga Navidad é unha evolución natural de Dolor y gloria, onde a sinceridade e a autocrítica chegan a uns niveis de brutalidade inesperados
Os personaxes magnificamente interpretados por Leonardo Sbaraglia e Barbara Lennie son os alter-egos do director que podemos atopar neste filme. A morte e a memoria son temas recorrentes nas últimas longametraxes do director e aquí o loito leva máis presenza. A pesar disto Amarga Navidad non chega a ser un filme crepuscular como o anterior, La habitación de al lado (2024). O director ponse outra vez a reescribir a mesma historia, pero deixando a esperanza a dando voz a personaxes que ata agora viviron na sombra da súa intimidade. Amarga Navidad é unha evolución natural de Dolor y gloria, exaspera a metaficción e ao mesmo tempo a sinceridade e a autocrítica chegan a uns niveis de brutalidade inesperados.
Amarga Navidad é cine dentro do cine desde o punto de vista da creación, unha especie de 8 ½ minimalista, pero igualmente sincero. Na conversa final entre o personaxe de Sbaraglia e a súa ex-axente, interpretada por Aitana Sánchez-Gijón, atopamos concentradas, nun excelente desafío dialéctico, verdades brutais e críticas implacables. Tamén neste diálogo – estendendo a metaficción- atoparemos ao propio cineasta manchego inflixirse as críticas máis feroces á súa filmografía empezando con interrogar a historia que acabamos de ver ata aquel momento. O filme cuestionase a se mesmo. Ao igual o debate ético sobre os límites da autoficción está moi presente.
Se a historia ten moitos xiros inesperados e son moitos os actores e as actrices implicadas, a posta en escena é bastante austera no aspecto formal. Aínda así o filme está coidadosamente iluminado cunha clásica paleta de cores almodorviana, esta vez firmada polo director de fotografía Pau Esteve Birba.
Chavela Vargas, Amaia Romero e o compositor Alberto Iglesias poñen a partitura máis emotiva para este “novo” melodrama de Pedro Almodóvar. Un filme igualmente sentido e honesto como Dolor y gloria e onde as emocións non están cinguidas baixo a forma.
“Antes de nós” triunfa nos Premios Mestre Mateo
A XXIV edición dos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual celebrouse o pasado sábado 21 de marzo no Auditorio Fuxan vos Ventos de Lugo, nunha gala presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez. Dúas películas brillaron con especial forza nesta edición. “Antes de nós” de Ángeles Huerta foi a produción máis premiada da gala, con 13 galardóns nas categorías artísticas e técnicas. “Sirât” de Oliver Laxe, fíxose co premio a Mellor longametraxe, ademais de son para Amanda Villavieja e música para Kangding Ray.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Ourense busca cocineros, el Real Madrid presidente
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
La plaza de la biblioteca, un urbanismo de posibilidad
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Florentino sobre patines
Juan José Feijóo
Yolanda, yo sigo
Lo último
MÁS COOPERACIÓN TRANSFRONTERIZAS
Bruselas ve en el hantavirus señal de brotes más frecuentes e intensos