Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
O amor entre as persoas, nestes tempos, ten moitas formas normalizadas; e todas, por sorte xa asumidas polo conxunto social. A vida privada, privada é, e cada un a vive como quere. O habitual e máis corrente dos amores -e imprescindible para a continuidade da especie humana- é o que se cruza entre home e muller concretado nesa intimidade constante e esforzada, a tradicional alianza con vocación de permanencia, -familia- ou sexa, pai, nai e fillos e fillas; estes últimos, cada vez menos. E como somos farrapos de materia tecidos do tempo, un pertence a unha familia de orixe na que é fillo, e outra de destino na que lle cadra ser pai ou nai. Hai outras formas, igualmente lexítimas, de amor e convivencia entre persoas, tamén do mesmo sexo, varóns ou femias, de longa tradición histórica; e outras máis novas que no seu conxunto están englobadas nesas siglas un tanto complicadas como LGTBIQ+ e que, a verdade, teño dificultades en identificar; o que non lle resta unha areixa ao meu respecto a todas elas, claro. O mesmo respecto que, loxicamente, esixo para o modelo máis vulgar no que estou integrado.
Dito isto, creo que coas linguas acontece algo semellante: existen distintos tipos de amor, e debemos ser respectuosos cos que non sexan da nosa forma de entendelo. Ou sexa, un non é máis “amante” dunha lingua por estar en posturas máis extremas en canto ao uso fóra ou dentro da comunidade ou usar unha ortografía ou outra, e non ten dereito ningún a anatemizar os demais.
Isto é tan obvio como diáfano: os distintos modelos deben convivir con respecto máximo de acordo coa dignidade inherente ás persoas todas. Na civilización occidental, no século XXI, a ningún hetero ou gay se lle pode ocorrer impor o seu modelo a outros, insultando ou menosprezando ao “outro”. Faltaría máis. E o que non respecta, sitúase fóra da normalidade e, tamén, fóra da lei, das normas que nos damos para convivir xuntos.
Dito isto, creo que coas linguas acontece algo semellante: existen distintos tipos de amor, e debemos ser respectuosos cos que non sexan da nosa forma de entendelo. Ou sexa, un non é máis “amante” dunha lingua por estar en posturas máis extremas en canto ao uso fóra ou dentro da comunidade ou usar unha ortografía ou outra, e non ten dereito ningún a anatemizar os demais. A min, por exemplo, que me parecería unha sorte inmensa o ensino vehicular en galego en todas as materias, cando menos, en primaria e na ESO, como posibilidade de convivencia real coa lingua de todos os nenos e nenas do país agora que os avós das aldeas están deixando de existir, pois paréceme ridículo querer afirmar identidade a través do uso de tradutores para falar cun de Madrid ou Bilbao, en vez de usar unha lingua común que saben uns e outros, como é o castelán.
Os que levamos escrito miles de artigos en galego ou dedicamos a nosa vida profesional á turrar por esta fala nosa, non podemos admitir que calquera neófito por cuestión de militancia extrema, se permita o ataque a outras formas de amor non concordantes coa súa, negando que sexan amor verdadeiro. Galicia debe fixarse, creo, no modelo luxemburgués e non nos vasco ou catalán. Porque nós temos unha lingua de noso, de identidade, e dúas amplas que debemos falar o mellor posible para facermos de bisagra entre dous mundos como son os de expresión castelá e portuguesa. Os luxemburgueses que teñen a súa lingua blindada no prestixio das casas, das escolas primarias e dos corazóns, prefiren non enredar con Europa, e usaren alí unha das outras tres que dominan todos como nativos, alemán, francés, e inglés. Por iso, insisto, sería bo introducir dentro da materia de galego o estudo das diferenzas ortográficas, fonéticas e gramaticais entre galego e portugués, para que o seu coñecemento sexa universal e non só dos que opten como segunda lingua “extranxeira”, que non o é, dada a súa proximidade. Un xeito de multiplicar a “rendibilidade social” da materia.
Si. Debemos amar todas as linguas do noso repertorio, porque son todas un ben. E cantas máis, mellor. Pero son para entenderse, non para enredar. Para iso está a creación literaria.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Prestige del Gobierno sanchista
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Que nos fixo humanos?
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Nada más navideño que una nueva ilusión
Gonzalo Iglesias Sueiro
Verdad o ficción
Lo último
SE SOLIDARIZAN DESDE TODO EL PAÍS
Luis Rivera, presidente del Centro Comercial Aberto Ourense Centro: “No podemos perder más músculo comercial”
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
HUELGA SANITARIA
Batas en la puerta del CHUO
ANIVERSARIO
A palabra de Marcos Valcárcel segue viva