La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Se recordo ben as ensinanzas do señor Ogando, profesor de lingua e literatura no entón chamado Instituto d’O Posío, foi o marqués de Villena o que escribeu “Arte Cisoria, Arte de cortar a carne cun coitelo”, se recordo ben o autor, pero tamén o título e mailo subtítulo. A certas idades é millor desculparse por adiantado que meter a pata. Advírtoo por se acaso; por se acaso e por se foi o Infante do Juan Manuel. Non sei porque me veñen hoxe á cabeza este tipo de cousas.
Veremos algún día que, lonxe de actuar tal e como o están facendo os dous grandes partidos, estos acorden prescindir de tal tipo de cambiantes alianzas e decidan afrontar un goberno de coalición que nos saque desta entroidada na que os dous tanto se veñen afanando.
Fíxoo, alá polo século XV e con máis dun problemiña coa Santa Inquisición á que Don Enrique de Aragón tivo que aturar, porque iso de interpoñer coitelo e forquiña entre a carne e as mans podía constituír un desprezo ós bens cos que deus nos regala ó nos dar de comer un día tras doutro. A mente humana élles un misterio. A asociación de ideas que me trouxo esta recordación comezou non sei por que, malia que si saiba como se desenvolveu acto seguido. Voume atrever a contarllo.
Cismando no razoamento inquisitorial acordei, primeiro, que aprenderlle á xente a trinchar en debida forma o saboroso musliño dun año leital, podería significar (e pra min que si, que o significou) un progreso. Como non? Pero de contado veume á cabeza o mais que posible feito de que algún pobo caníbal dese en comer así; caso este no que sería moi discutible que, tal feito, poidera ser considerado un progreso, tal e como o anterior o foi, por moi saboroso que, prá eles, fose o musliño dun misioneiro. Ata eiquí a miña inxenuidade de ser quen de expoñer en publico este tipo de cuestións e de ocorrencias.
Aínda peor. Axiña relacionei a antropofaxia dos caníbais co momento político actual, este que atravesamos, que pode ser relacionado cun certo canibalismo quen de lle fincar o dente á democracia. Prantéxoo así por sospeitar que, nunha partitocracia, o exercicio político que se resolve entre os grandes partidos contendentes, implica unha certa tendencia á antropofaxia entendida nos xustos termos nos que eu me estou movendo neste instante. Bótenlle unha pensada.
Teñen os máis dos grandes partidos un proxecto político pra o país? A dereita non fai máis que botarlle en cara á esquerda a corrupción dalgúns dos seus membros e, viceversa, a esquerda fai o mesmo coa corrupción habida na dereita. Item máis, a esquerda restrégalle nos fuciños á dereita que se apoie na dereita extrema e, en compensación, a dereita bótalle en cara á esquerda que faga o mesmo coa súa extrema. Seguimos? Pois si. A dereita acusa das entendedeiras da esquerda cos independentistas, o que non impide que cando lle interesa a dereita esta non faga o mesmo. E así andamos. Progreso non parece que tales feitos o anuncien moito; democracia, o que se di democracia, tampouco semella que se poida desenvolver moito con tal xeito e comportamento.
Veremos algún día que, lonxe de actuar tal e como o están facendo os dous grandes partidos, estos acorden prescindir de tal tipo de cambiantes alianzas e decidan afrontar un goberno de coalición que nos saque desta entroidada na que os dous tanto se veñen afanando.
Non farían nada novo e nada que non se fixera antes cando, a esquerda procedente da clandestinidade antifranquista e a dereita ocupante dos escanos parlamentarios das Cortes de Franco pactaron unha transición que supuxo que medio mundo manifestase a súa admiración polo proceso seguido. Por tanto e volvendo ó da arte cisoria: quen será quen de deseñar por onde cortar o que ameaza ser un membro do noso corpo social a punto de se gangrenar ou de ser dixerido? Visto o visto e máis o que estamos vendo, imaxinase alguén o que tería significado unha ruptura en vez dunha transición?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último
EL GORDO ESTÁ EN EL BOMBO
¿Con qué números han tocado los premios gordos de la lotería de Navidad? Descubre los más repetidos