Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
DIARIOS DO PASADO
A miña vida profesional, máis próxima da xubilación que dos sempre ilusionantes inicios, foi variada. Exercín a docencia en tres universidades, dirixín proxectos de investigación e fun arqueólogo empresario antes de rematar a que parece ser a última etapa da mina vida laboral, a de arqueólogo municipal e responsable do Departamento de Arqueoloxía do Concello de Ourense. Por todo, tiven a oportunidade de descubrir, catalogar, investigar ou xestionar xacementos con contextos arqueolóxicos moi diversos e, en consecuencia, atender temáticas tamén diferentes. Pero nos últimos anos atopeime en varias ocasións ante o feito relixioso, unha forma de entender a vida -e a morte- que, dende o punto de vista cultural, creou obxectos específicos, deseñou construcións e incluso modelou cidades, tanto dende o punto de vista urbanístico como social. Dicía o gran teórico das relixións Emile Durkheim que unha relixión é un sistema solidario de creenzas e prácticas sobre as cousas sagradas. En consecuencia, un fenómeno eminentemente colectivo, é dicir, trascendendo a suma das creenzas individuais, un feito social susceptible de estudo histórico. Outra cuestión é, como tal feito social, a súa presumible universalidade. En absoluto é fácil atopar sociedades sen relixión ao longo da historia.
Pero ao mesmo tempo, a morte do vexetal e a súa transformación en semente, produce nova vida, entrando así nun ciclo de perennidade
Os dolmens son tumbas, arquitecturas para os mortos. Non temos a certeza absoluta que detras dun rito que constrúe sartegos monumentais exista un culto, unha relixión que sosteña a crenza compartida na vida ultraterrena. Pero si que é probable, posto que existen elementos simbólicos que deixan intuir ideas sobre un renacer ininterrompido: as orientacións das portas dos dolmens cara as saída do sol, un ciclo perenne, as decoracións nas lousas destes monumentos con discos solares radiantes e de serpes, que, como o “uróboro”, son na antigüidade símbolo de renovación eterna. Incluso non poucos investigadores interpretan unha extrana figura que se repite en varios dolmes do noroeste hispánico -”a cousa”- como unha deidade.Tampouco debemos esquecer o descubrimento en varias escavacións de pequenos ídolos colocados en liña diante da porta doutros monumentos megalíticos, acaso elementos apotropaicos -protectores fonte ao mal- ou mesmo figurativos dos defuntos enterrados no interior do dolmen. Eses defuntos que, por medio dun ritual que os desagrega definitivamente da sociedade dos vivos, os transforma en antepasados, tan eternos e imperecedoiros como o propio dolmen, indestrutible se non fose por desafortunadas accións tamén humanas ata os nosos días. Moitas veces lles teño contado que os megálitos nacen e teñen razón de ser nas sociedades campresiñas prehistóricas. Son frecuentes e universais as metáforas sobre a vida eterna apoiadas na agricultura, nos ciclos agrarios, porque considérase a vida humana fráxil como a planta. Pero ao mesmo tempo, a morte do vexetal e a súa transformación en semente, produce nova vida, entrando así nun ciclo de perennidade
Sobre os rituais funerarios rescato por representativa unha cita de F. Díez de Velasco: “El rito funerario es un escaparate en el que se manifiesta la angustia ante el cadáver como símbolo de la alteridad (del mundo de la muerte, del interrogante sobre el allende) pero también como identidad necesaria... es una experiencia que cohesiona al grupo en torno a unas creencias comunes”. Continuarei falándolles destes temas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago
MISIÓN COMERCIAL
El sector naval andaluz busca oportunidades de negocio en la India