La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Unha mellor calidade de vida está a ser demandada, cada día máis, por un maior número de persoas que amosan a súa inquedanza pola recuperación dos valores existentes na nosa natureza así como de todos aqueles outros considerados como comunais ou públicos, dentro do que se encontran os parques públicos ou zonas verdes de dominio municipal.
Na marxe dereita do río Barbaña, tramo comprendido entre a ponte de Ervedelo mailo Remedios, espazo noutro tempo ocupado polas traseiras de casas dedicadas a viñas e, posteriormente, como almacenaxe de entullos procedentes do sobrante das obras, ocupando unha superficie de 5.200 metros cadrados, creouse un espazo verde que destaca fundamentalmente tres importante elementos constituíntes: auga, xogos para os máis cativos, mailas diversas plantas existentes no mesmo.
Un gran lago artificial dunha superficie de 1.300 metros cadrados, rodeado nun lateral por unha grada semicircular, construída a modo de miradoiro, sirve de asento ós atrevidos espectadores dos singulares, verticais e altos géyseres que, a diferente altura, iluminados pola noite por 24 proxectores subacuáticos, xorden con enorme forza do interior do propio estanque. O espazo dedicado a xogos se divide en dúas áreas ben diferenciadas, que respectan as distintas idades dos cativos, destacando, nunha delas, unha gran estrutura de forma piramidal tridimensional realizada en corda trenzada, en torno a un mastro central de nove metros de altura, destinada á escalada dos rapaces.
O material vexetal adáptase perfectamente ó medio. Así, sobresae de maneira notable a sebe frontal da grada que, a modo de curso de auga, lembra o paseniño curso do río Barbaña cara o seu cércano encontro co Miño.
Especies da forma biolóxica dos perennifolios: piñeiro excelsa, betuna, tuia, fotinia washingtoniana, érbedos; dos caducifolios, como a actinidia da China ou o liquidámbar, son algunhas das especies presentes no recinto.
Entre as novidades resulta particularmente interesante a orixinal instalación de puntos de préstamo gratuíto de libros e revistas ca incorporación de tres armarios librería, nos que se atopan exemplares de diversos autores, tanto galegos como españois.
O deseñador da obra, inaugurada no ano 2010, foi o enxeñeiro paisaxístico do Concello de Ourense Carlos Javier Cárcamo, importando o custo das obras para o erario municipal a cantidade total de 562.215,49 euros, sendo a empresa Pozanca a encargada da realización do traballo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último