Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Beiras non cala
CLAVE GALICIA
Morreu Xosé Manuel Beiras aos 90 anos de idade, pero non cala. A pegada dos mitos ancora no tempo e a súa magnética figura xa o sitúa á esquerda de Castelao no altar maior do nacionalismo. Os autores de dous textos fundacionais comparten hoxe muros no Convento de Bonaval, onde o de ‘Sempre en Galiza’ repousa no Panteón de Galegos Ilustres e o de ‘O atraso económico da Galiza’, que no seu día se opuxera ao traslado dos restos dende Buenos Aires, está de paso pola despedida pública de corpo presente no Museo do Pobo Galego.
Onte até o PP de Núñez Feijóo estaba disposto a gardarlle un minuto de silencio para criticar que Maricarmen, “unha cidadá anónima teña máis honra que Xosé Manuel Beiras”. A tarde anterior falecera no hospital a muller de 87 anos desafiuzada hai dúas semanas en Madrid, un símbolo das acampadas pola vivenda, e as forzas da esquerda estatal non deixaron pasar a foto para contar ausencias.
Nun teletipo do mediodía a alcaldesa de A Coruña, a socialista Inés Rey, animaba a asistir á convocatoria en sinal de duelo por Maricarmen na praza de María Pita. Noutro, a alcaldesa de Santiago, a nacionalista Gorretti Sanmartin, agardaba o acordo unámime da corporación municipal para conceder a Beiras a Medalla de Ouro da cidade. É seguro que o presidente do Parlamento Miguel Santalices pedirá un minuto de silencio no seguinte Pleno en lembranza dun diputado a quen suspendeu de emprego e soldo.
As redes sociais ensechéronse de pésames da política, da cultura ou da universidade. Non fallou Feijóo, a quen foi bater na mesa do escano como no seu día lle fixera a Fraga co zapato, nin a ministra Yolanda Díaz, de quen dixo que o traicioara en Alternativa Galega de Esquerda. “Xa subiches as túas condolencias?”, bromeou o cineasta vigués debaixo do link da nova do falecemento. “A última vez que votei foi en 2012 a AGE por ir con Beiras”. Só os bos momentos penduran co paso do tempo. Galicia sería outra cousa sin a súa semente política e a súa cátedra de Estructura Económica na Universidade de Santiago. Beiras tanto arranxaba un documental cun retruque inesperado ou unha entrevista morna e deixa moito material grabado. Beiras non cala.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Beiras non cala
Lalo Pavón
O AFIADOR
Accidentes e culpas
Fernando González
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Fe ou negocio
Fernando Ramos
La triquiñuela de Sánchez para burlar al Congreso
Lo último