Bipartidismo
Vaia por diante que con este razoamento non pretendo chegar eu á conclusión de se o sistema político cara o que camiñamos, é bo ou é malo. Ou, dito doutro xeito, non é a miña intención colocarme a favor dun e en contra do outro ou viceversa, simplemente porque descoñezo a resposta máis axeitada e son consciente de que só o tempo e as circunstancias serán os que desvelen a solución.
Dende que os comicios electorais do pasado día 24 deron a coñecer os datos que no seu conxunto revelaron para podermos realizar análises globais, prospeccións de tendencias ou elucubracións de futuro sobre cara onde é que se encamiña o sistema de partidos español, teño lido máis dunha crónica, escoitado máis dunha valoración política ou mesmo máis dunha reflexión de transmisores de opinión e de líderes políticos de aquí e de acolá, asegurando que o bipartidismo foi ferido de morte nestas últimas eleccións e, probablemente, nos próximos comicios xerais acabará expirando o seu derradeiro alento, porque, disque despois de tantos anos de transición, a sociedade española se tornara demasiado diversa como para seguir sostendo o sistema de alternancia PP-PSOE que ata o de agora nos gobernou.
Sen embargo, cando escoito ou leo algo así, síntome a miúdo incómodo. E non porque estea en contra desa opinión -nin moito menos-, senón porque a min os feitos demóstranme xusto o contrario. Vexamos, senón.
Despois de ter escoitado ó voceiro do BNG no Parlamento galego, facer unha especie de "claudicación con condicións" dunha das máximas que guiaron a esta formación ata a polo de agora inalcanzada terra prometida, como é a de empezar a asumir que a suma é máis operativa cá división e que en próximas consultas electorais se cadra pode ser máis eficaz xuntarse con outras forzas -iso si, mantendo en "Galiza" o poder de decisión-, acabo de ler que Izquierda Unida tamén está a piques de chegar á mesma conclusión e sumarse á conformación dunha proposta conxunta con outras formacións de esquerdas, co fin de conseguir representacións maioritarias que aparten ó centro dereita das institucións, cousa que xa explorou AGE con éxito de resultados, rexurdindo así o vello mito republicano da Fronte Popular.
Quen dixo, pois, que se acabou o bipartidismo? Pregunto. Quen é capaz de facer tal afirmación cando nos oito mil e pico municipios do Estado, salvando algunhas excepcións, só hai dúas opcións: Que goberne o PP ou que goberne o resto?
Repito de novo. Non son quen de contestar se isto é bo ou é malo, ou se é mellor ou peor cás opcións ata o de agora viables. O que si sei é que deberían provocar unha profunda reflexión, tanto no entorno do PP coma no do PSOE. Os primeiros por non teren interlocutores en ningures e os segundos por non seren capaces, tamén en ningures, de gobernar sos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Carlos Risco
COSAS QUE CONVIENEN
En el amor
Jorge Vázquez
SENDA 0011
Las gacelas no hacen ruido
Luis Sotelo
De la Alameda al Concello en autobús
Lo último
AUMENTA LA TENSIÓN
Irán abandona la mesa de negociación tras las amenazas de Trump
ACABA LA UNIVERSIDAD
Galería | La Facultad de Derecho celebra la graduación de los nuevos juristas