José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
“Señor das moscas”, de William Golding
A TRIRITA
Mal que ben repetímonos, facémolo todos, eu tamén. Dígoo e recoñézoo e vou recordar de novo unha xuntanza familiar na que unha irmá da miña nai, estendendo o brazo, sinalándonos ó meu pai e máis a min cos seus dedos índice e corazón oportunamente estendidos, pra que non houbese lugar a dubidas, espetounos: “Porque nosotros los buenos y vosotros los malos...” conseguiu que o meu pai se levantase da mesa e chegada a hora de regresar a casa non aparecese. Marchara andando.
Finalizada a familiar xuntanza, regresamos a casa. Ó chegar xa estaba meu pai nela. Dadas as oportunas explicacións quedámonos os dous, el e máis eu, a falar do sucedido. Nun momento dado díxome: “O que ves de escoitar hoxe é a millor explicación do fascismo: a distinción entre bondade absoluta e maldade absoluta, iso, iso é fascismo”. Onde se acaba de ler fascismo, pódese entender comunismo. A ética e maila estética de ambas formas de actuar teñen tanto en común que se resumen en totalitarismo.
Ven isto a conto porque veño de ler o artigo dun xornalista cuxos textos frecuento dende hai moitos, moitos anos, en razón do ben que escribe e, dende hai non moito tempo, malia a deriva ideolóxica que se manifesta acotío nos seus artigos... ou precisamente por iso. Non me explico porque unha mente como a súa se pode ocupar, día tras día, na sistemática repetición da anulación do pensamento e da actividade allea politicamente entendidos.
No artigo en cuestión o autor sinala á esquerda española como decididamente antipatriótica, converténdoa nunha excepción no conxunto da esquerda europea ó que pertence. Non profeso tal crenza, pero admitamos que sexa ou que puidera ser tan enteiramente certa como a presenta, ou sequera nunha mínima medida, pero abondo pra ser excesiva. En calquera dos dous casos, conviría -tal é de supoñer- reflexionar encol das causas que puideran explicalo.
A bondade non pertence a ninguén en exclusiva e a maldade anda repartida polos barrios duns e doutros, cos seus arrabaldes incluídos
Meu pai foi un galeguista de esquerdas e as dificultades de todo orde, vividas nos anos corenta, deron comigo na casa da miña avoa materna, que era de dereitas “de toda la vida” tal e como como o comentario da súa filla certificou no seu momento e se recorda no primeiro parágrafo desta tririta de hoxe. Por iso pode que se dean dous aspectos que expliquen a convicción da miña familia materna de que a paterna, é dicir a formada polo meu pai, era dos malos e a dela era dos bos e xa que logo a posesión de tódolos símbolos que significasen á patria común pertencíalles en exclusiva e eles.
Durante moito tempo, moito, “matar roxos non era matar”; “matarás con xustiza”, equivalía a que houbese “homicidios por exceso de patriotismo”; “caídos por Dios y por España” atinxía só a unha parte da cidadanía e todos os símbolos nacionais e patrióticos eran deles en exclusiva. Nós os bos, vós os malos. A Igrexa consideraba que fóra dela non había salvación. A patria, a bandeira, a relixión, a cidadanía eran da dereita, o himno tamén. En gran parte así segue a suceder, aínda hoxe, esquecidos xa os tempos da Transición.
En toda guerra, máis en toda guerra civil, danse todo tipo de atrocidades tanto dunha banda coma doutra. Pero finalizada a contenda e chegada a paz seguiu unha represión atroz na que foron firmadas caseque duascentas mil sentenzas de morte, executadas na súa maior parte. España quedou así escindida e aínda hoxe ocupa o segundo lugar no mundo en número de fosas comúns, a de Paracuellos incluída, o que pode dar idea da vergonza que todos deberamos sentir chegado o canto de cualificar a conciencia allea dende a profesión dunha fe ou doutra. O esforzo de reconciliación debe provir dun lado e doutro, e non só da man dos que perderon a guerra senón tamén dos que perderon a paz. A estas alturas e triste seguir moe que moe cos bos e cos malos españoles. Iso indícanos, co enorme sentimento de tristeza pertinente, que non damos escarmentado dunha vez.
Ningunha terra é so duns. A bondade non pertence a ninguén en exclusiva e a maldade anda repartida polos barrios duns e doutros, cos seus arrabaldes incluídos. O meu admirado columnista non anda a colaborar moito, nin el nin os que se manifestan coma el, fágano nos ámbitos da dereita, fágano nos da esquerda.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
“Señor das moscas”, de William Golding
Patricia López
BRÚJULA DIGITAL
No falta trabajo, falta quien quiera sostenerlo (en las condiciones de siempre)
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Solo quedó el silencio
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
O rumor da quietude
Lo último
IMPACTA UN DRON CON UNA MOTOCICLETA
Al menos cinco muertos en nuevos ataques israelíes en el sur del Líbano pese a la tregua