La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
O que aquí se relata ocorreu en 1971, moito antes da proposta levada por Sumar ao Parlamento español vai uns meses. Un inspector de traballo apareceu na mañá do domingo 11 de xullo, por este concello, visitou os comercios de Ramón Fernández na Feira Vella; de seu irmao Benigno Fernández, na Terrachán; de María Santos e Pablo Rodríguez, tamén nesta capitalidade, aos que impuxo unha multa de 500 pesetas por estaren abertos. Descoñecemos se visitou tamén outros comercios do concello.
Recordo que aquel día chegara á casa miña nai María impresionada por tan emocionante visita, inda que aquela noticia castigadora non pareceu ocasionarlle descontento, porque era viúva, tiña dous fillos vinteaneiros e aproveitaba os domingos para descansar e resolver cuestións domésticas.
De resultas daquel evento non se volveron abrir os comercios en domingo en Entrimo, marcando certa diferencia coa maioría das localidades do rural galego, coa excepción dos días da feira mensual e xa cunha normativa diferente.
Indo ó fácil recurso da versión GPT de Intelixencia Artificial, da que non me fío moito, encontramos a seguinte información: “El cierre de los comercios los domingos fue una medida que se aplicó durante el franquismo en España, con el objetivo de fomentar el descanso dominical y la asistencia a la misa. Según el Decreto 30 de diciembre de 1955, los establecimientos comerciales debían permanecer cerrados los domingos y los días festivos, salvo algunas excepciones como farmacias, quioscos o bares”. O caso e que todos aqueles comerciantes morreron vai decenios descoñendo o motivo daquela visita inspectora, salvo Pablo Rodríguez, polo motivo que a continuación se explica.
Temos o honor de revelar públicamente a verdade agora neste artigo, gracias tamén ás aportacións de Ceferino Fernández e arquivo de Emilio Alonso, ámbolos dous agora xubilados.
Ocorría que Ceferino, fillo de Ramón Fernández; Emilio, fillo de Mª Santos; Mª Carmen, filla de Benigno Fernández, e Pablo Rodríguez eran mozos e, despois de trasnoitar nas festas e bailes dos sábados, tiñan que madrugar, non para iren a misa, senón para abrir os comercios.
Refungaban entre eles pero non atopaban solución, ata que nun día propicio Ceferino puido contactar cun inspector de traballo de visita pola serrería de Alfonso na Feira Vella. Contoulle a situación e o funcionario decidiu facerlle un favor a aqueles comerciantes mozos e de paso tamén aos maiores. Anos despois aqueles mesmos mozos, xa como propietarios herdeiros dos respectivos comercios, acordaron pechar tamén os sábados pola tarde, algo que segue marcando novamente diferencia coa maioría das localidades galegas. Isto é unha anécdota do conflito laboral permanente dos autónomos que meu amigo Xaime Souto comentaba no seu comercio de fontanería en Ponteareas. Como empresario presionaba para que se fixesen horas extra e o seu único empregado resistíase, dándose o caso de que empresario e empregado eran a mesma persoa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último